27 de xuño de 2021

DESPEDIDA

 E despois deste curso atípico, merecémonos todos un bo descanso; así que... BO VERÁN.

VÉMONOS EN SETEMBRO.

26 de xuño de 2021

PREMIO NACIONAL DE ILUSTRACIÓN, 2021

Vitoria Escrivá Palacios, Viví Escrivá, é a gañadora do Premio Nacional de Ilustración 2021. Esta valenciana de 82 anos xa ten o Premio Nacional de Literatura Infantil debido unha longa carreira ligada á ilustración para nenos.
Comezou o seu labor como ilustradora de libros infantís e escolares en 1976. Entre os seus traballos atópanse colaboracións con TVE e a elaboración de 13 audiovisuais para o Ministerio de Cultura, "Las palabras vivas". O seu libro "Cuando Lía dibujó el mundo" foi seleccionado no ano 2000 pola Fundación Germán Sánchez  Ruipérez como unha das cen obras destacadas de literatura infantil española do século  XX. Outro dos seus traballos populares foi a ilustración dos contos do programa infantil de TVE Un globo, dos globos, tres globos.

24 de xuño de 2021

GRADUACIÓN 4º ESO, 2021

E, como non, tamén houbo graduación.
A imaxe dos tres titores será a chave para acceder ao álbum fotográfico. Con tantas  fotos non perdemos nadiña do evento; buscádevos porque será como buscar a Wally.
Marabillados co guapos que ían todos!!!!


Pensade que isto eran os ensaios😆

FESTIVAL FIN DE CURSO 2021

Coma sempre, o traballo que Ruta fai co alumnado resulta magnífico. Toda a nosa admiración.
Premede na imaxe para ver a galería.

E tamén hai vídeos.

22 de xuño de 2021

ÚLTIMAS ACTIVIDADES DO CURSO 2020/2021

 Para rematar este curso, o Equipo de Biblioteca de Infantil e Primaria do CPI da Cañiza organizou as últimas actividades: dous contacontos (Manuel Solla e Anxo Moure) e a entrega de Premios ao alumnado que máis leu durante o curso 2020/2021! 

Podedes ver todo isto no seguinte vídeo, premendo na imaxe.

Bo verán a todos/as! Seguide lendo!




21 de xuño de 2021

DESPEDIMOS O CURSO 20-21

Este luns pola tarde comezamos a despedida cunha xincana de probas de enxeño, habilidade, deportivas e culturais.

Se pinchades na imaxe podedes ir ao álbum fotográfico do día.


17 de xuño de 2021

7 de xuño de 2021

ORGULLOSOS DOS ÉXITOS DAS NOSAS EXALUMNAS

O equipo feminino, Saeplast Cañiza, sobe á División de Honra Prata tras impoñerse nun tremendo partido ao Unión Financeira ovetense.


PARABÉNS E MOITA SORTE NO FUTURO