29 de mar. de 2016
28 de mar. de 2016
A PRECURSORA DO LIBRO ELECTRÓNICO
Este luns, Google rendeu homenaxe co seu doodle á precursora do libro electrónico, a leonesa Ángela Ruiz Robles.
Ela inventou en 1949 a enciclopedia mecánica, un dispositivo con abecedarios automáticos en todos os idiomas e co que podían formarse palabras, frases, leccións ou temas e toda clase de escritos.
Vía: El Huffington Post
17 de mar. de 2016
OS DE 4º DE PASEO
CLUB DE LECTURA, 1º C
O Principiño foi a segunda lectura para o grupo do Clube de Lectura de 1º ESO C. Pasamos dos horrores provocados por unha gárgola na vida do adoslecente Jeremy, á candidez e tenrura dun pequeno ser que chega á terra vestido de Príncipe despois de visitar varios asteroides. A través da súa mirada descubrimos, entre outras cousas, os absurdos comportamentos dos adultos e, a través das súas experiencias, o valor da amistade...
EN-MASCARADOS
Como en anos atrás, Laura, profesora de Plástica, realizou co alumnado de 4º da ESO un taller de máscaras para o entroido que aquí podedes ver.
16 de mar. de 2016
DÍA DA POESÍA
Acércase o día!
O venres 18 leremos as nosas propias poesías pola megafonía do colexio,
Podedes ver aquí o noso cartel.
O venres 18 leremos as nosas propias poesías pola megafonía do colexio,
Podedes ver aquí o noso cartel.
13 de mar. de 2016
LOVING VINCENT
Loving Vincent será a primeira película realizada coa técnica do óleo e seguindo o estilo do pintor holandés. E, aínda que de momento só se presentou o tráiler, este xa se fixo viral.
Para a súa creación, máis de 100 pintores traballaron imitando 120 cadros do pintor en constante movemento.
Para a súa creación, máis de 100 pintores traballaron imitando 120 cadros do pintor en constante movemento.
Vía: El Huffington Post
8 de mar. de 2016
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DE INFANTIL E PRIMARIA
Da man de Susana
Gago, os nenos/as de 1º e 2º de primaria disfrutaron dun conto cheo de
imaxinación, maxia, e todo o necesario para que os nenos e nenas pasasen un
momento incrible.
Moitas gracias Susana Gago, quedamos encantados, coa
túa posta en escena, tanto mestres como alumnado.MOCHILAS VIAXEIRAS EN EDUCACIÓN INFANTIL
Os nenos/as de educación infantil (3, 4 e 5 anos de idade),
comezan a levar as mochilas viaxeiras as súas casas.
Cada venres 2 nenos levan unha mochila con dous contos e un bloc para debuxar as historias que len, o xoves seguinte volven traelo ao cole.
Esta é unha actividade que está gustando moito os nenos/as e as súas
familias.
TALLERES CON KAMISHIBAI
Na biblioteca de
primaria, estanse a realizar uns talleres con Kamishibai, coa colaboración do
equipo de normalización, e gracias ao Concello que nos prestou o material
necesario para levar acabo esta actividade, durante o mes de marzo.
Os nenos/as colaboradores da biblioteca (alumnos/as de
sexto), contanlle o conto ós nenos de infantil, nas sesions de “hora de ler”,
que facemos despois do recreo.
Kamishibai, significa “Teatro de papel”, e é unha forma moi
popular, dende fai varios séculos, os contos en Xapón.
Os contos representados en Kamishibai, tocan temas e evocan
sentimentos xerais dacordo coa idade dos nenos/as. As súas características e a
forma de presentalo, axudan a conseguir un efecto máxico e de concentración en
torno o conto.
Os nenos/as en grupo asisten a un espectáculo no que todos
xuntos/as, poden gritar, rir…., compartindo os mesmos sentimentos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)