31 de mar. de 2022
PRIMAVERA XOVE 2022
30 de mar. de 2022
ORIENTA VIGO
O martes 29 desprazámonos a Vigo para participar no campionato provincial de orientación deportiva. Foi unha xornada especial, de deporte e convivencia con outros centros, na que alumnos/as de 2º, 3º e 4º da ESO puideron competir contra outros colexios e institutos da provincia de Pontevedra facendo unha actividade diferente ao aire libre, na procura de balizas agochadas por todo o parque de Castrelos, coa única axuda dun mapa.
Puxeron a proba a súa capacidade de orientación e a súa resistencia e fixérono moi ben! De feito, o noso CPI acadou uns resultados estupendos, entre os que cabe destacar:
- O primeiro posto de Iago Álvarez Domínguez de 2º ESO C, na categoría infantil masculino, na que Iago avantaxou ao segundo corredor clasificado en máis de tres minutos.
- O primeiro posto da cadete feminino Alba Raña Rodríguez de 4º ESO A, quen avantaxou á segunda corredora en máis de cinco minutos e medio!!
- O segundo posto de Marta Gil Fernández de 2º ESO A na categoría infantil feminino.
- E na categoría cadete masculino o CPI conseguiu o segundo e o terceiro posto do podium: Alejandro Álvarez Lorenzo (segundo) e Samuel Rodríguez Rodríguez (terceiro), ambos de 4º ESO A.
Pero o resto de corredores do noso centro tamén o fixeron moi ben, xa que fomos clasificados por equipos para o campionato autonómico a celebrar en Santiago o 23 de abril, PARABÉNS A TODOS/AS!!
No arquivo adxunto podedes ver os resultados en todas as categorías e picando na foto entraredes na galería.
15 de mar. de 2022
VISITA AO PARQUE TECNOLÓXICO
Alumnado de 4º, organizado por Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía, visitou a aula Newton do Parque tecnolóxico de Ourense, no polígono de San Cibrán.
14 de mar. de 2022
DÍA INTERNACIONAL DAS MATES, DÍA DO NÚMERO PI
- Proxeccións de vídeos sobre o número pi.
- Experimento con número pi.
- Outro número importante: o phi.
- Tamén aproveitamos para responder a esa pregunta constante da rapazada de "para que valen as mates?", da man do matemático e divulgador Eduardo Sáenz de Cabezón.
7 de mar. de 2022
8M, SOMOS "ROSIE, A REMACHADORA"
Montamos un escenario para recrear a figura de "Rosie, a remachadora". Se picades na imaxe podedes ver as fotos de todos os que quixeron participar e debaixo o vídeo que, con todos, creou Elena.
Coas fotografías, o alumnado de Plástica de 4º realizou esta montaxe que dá a benvida aos visitantes no vestíbulo do cole.
6 de mar. de 2022
8M
- Alumnado de 3º realizou con Esther Rodríguez, en Historia, o mural de "Mulleres Artistas". Actividade coa que pretenden dar visibilidade ao papel que as mulleres tiveron ao longo da historia da arte; ben como musas, ben como autoras. E tamén poñer o foco na exclusión das mulleres artistas do currículum.
- Alumnos de Francés de 2º e 3º da ESO; pica na imaxe para ver todas as fotos. Os de 3º B e C incluso gravaron pistas para adiviñar de que muller están a falar.
- Alumnos de valores, con Eva fixeron pequenas biografías de deportistas españolas. Quedan expostas no acceso ao ximnasio.
- Dende o Plan Proxecta Donas de si organizouse un mural no que os alumnos dos distintos cursos colaboraron con frases célebres de mulleres de diferentes ámbitos nas catro linguas impartidas no centro: galego, castelán, inglés e francés. As profesoras implicadas foron Lucía González (Inglés), Gabriela (Francés) e Tania (Lingua Galega e Literatura).