Amosando publicacións coa etiqueta Campionato. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Campionato. Amosar todas as publicacións

24 abril 2022

CAMPIONATO AUTONÓMICO DE ORIENTACIÓN

O 29 de marzo, o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO participara no campionato provincial de orientación deportiva, con resultados moi positivos que os clasificou para o campionato autonómico en Santiago.


E o 23 de abril, aquí estiveron tamén con novos éxitos. G
razas por participar deixando o pavillón tan alto.

PARABÉNS A  ALUMNOS E PROFES!!!!

30 marzo 2022

ORIENTA VIGO

O martes 29 desprazámonos a Vigo para participar no campionato provincial de orientación deportiva. Foi unha xornada especial, de deporte e convivencia con outros centros, na que alumnos/as de 2º, 3º e 4º da ESO puideron competir contra outros colexios e institutos da provincia de Pontevedra facendo unha actividade diferente ao aire libre, na procura de balizas agochadas por todo o parque de Castrelos, coa única axuda dun mapa.

Puxeron a proba a súa capacidade de orientación e a súa resistencia e fixérono moi ben! De feito, o noso CPI acadou uns resultados estupendos, entre os que cabe destacar:

  • O primeiro posto de Iago Álvarez Domínguez de 2º ESO C, na categoría infantil masculino, na que Iago avantaxou ao segundo corredor clasificado en máis de tres minutos.
  • O primeiro posto da cadete feminino Alba Raña Rodríguez de 4º ESO A, quen avantaxou á segunda corredora en máis de cinco minutos e medio!!
  • O segundo posto de Marta Gil Fernández de 2º ESO A na categoría infantil feminino.
  • E na categoría cadete masculino o CPI conseguiu o segundo e o terceiro posto do podium: Alejandro Álvarez Lorenzo (segundo) e Samuel Rodríguez Rodríguez (terceiro), ambos de 4º ESO A.

Pero o resto de corredores do noso centro tamén o fixeron moi ben, xa que fomos clasificados por equipos para o campionato autonómico a celebrar en Santiago o 23 de abril, PARABÉNS A TODOS/AS!!

No arquivo adxunto podedes ver os resultados en todas as categorías e picando na foto entraredes na galería.

02 maio 2018

WE ARE THE CHAMPIONS!!!

Se hai uns días para nós eran xa campioas, agora con máis razón.
Elas son o BM Cañiza: Lucía Afonso, Wenjing Cheng (4º A), Noemi Fernández, Lucía Pérez, Emma Pérez, Ana Rodríguez (4º B) Alejandra Carballo (3º B), Graciela González (3º C), Alba Afonso (2º B), Antía Rodríguez (1º B) e Anabel Domínguez (1º C).
O BM Cañiza proclamouse vencedor da fase final da División de honra cadete feminina, que este fin de semana se celebrou na Cañiza.
Despois da disputa das dúas primeiras xornadas, as nosas rapazas sumaban dúas victorias e xa tiñan garantida a primeira posición do sector, que concede unha praza para o sector nacional. O BM Cañiza venceu á SAR (35-31) e ao Veteris Asmubal Meaño (33-34).