26 de mar. de 2015

27 DE MARZO, DÍA DO TEATRO

O día 27 de marzo celébrase, dende o 1961, o Día Mundial do Teatro, por iniciativa do Instituto Internacional do Teatro (ITI).
Un dos actos máis representativos é a circulación da Mensaxe Internacional, tradicionalmente escrita por unha personalidade de prestixio. O elixido este ano é Krzysztof Warlikowski, dramaturgo polaco.
Aquí destacamos algúns recursos e páxinas de interese para desenvolver o tema nas aulas:

HUMOR

24 de mar. de 2015

4º EN BARCELONA


Que ben se vive de paseo!
O Hard Rock Café ou Port Aventura foron dous destinos na viaxe. Unha experiencia para recordar.

23 de mar. de 2015

REVISTA NOVENO 9

Noveno 9, a revista dos alumnos do curso de banda deseñada de O garaxe herméticonace como ferramenta de aprendizaxe para que o alumnado experimente todos os parámetros necesarios para converterse nun profesional da bd.
En definitiva, NOVENO  é unha porta aberta aos futuros historietistas profesionais.

22 de mar. de 2015

DÍA MUNDIAL DA AUGA

En 1993, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 22 de marzo como o primeiro Día Mundial da Auga, un día para reflexionar sobre a función esencial da auga e propiciar melloras para a poboación mundial que aínda sofre pola súa escaseza.
Nesta ocasión, a ONU quixo centrar as celebracións nun aspecto clave: a sostibilidade.
O acceso aos recursos hídricos implica crecemento económico, enerxía, saúde... ademais, a auga contribúe ás melloras no benestar social e ao crecemento inclusivo de miles de millóns de persoas.

18 de mar. de 2015

20 DE MARZO, ECLIPSE SOLAR

O próximo venres 20 de marzo, a partir das 09:08:50, poderemos observar unha eclipse parcial de sol na que a lúa ocupará case o 70% do sol.
Unha eclipse solar prodúcese cando a lúa, o sol e a terra se aliñan e a lúa se interpón entre a terra e o sol.
Así vai ser o seu desenvolvemento segundo esta animación da Armada…
Segundo o Instituto Xeográfico Nacional, este evento inusual apreciarase mellor en Galicia, onde o sol se ocultará en máis do 50%.
Esta será a evolución e os horarios en Pontevedra e na Cañiza.
PRECAUCIÓNS PARA OBSERVAR A ECLIPSE
  • O risco de observar o Sol directamente ou con lentes de sol normais durante un fenómeno destas condicións é moi alto, e pode causar lesións graves e mesmo provocar cegueira.
  • As eclipses só deben observarse directamente con lentes especiais, que estean homologadas pola Comunidade Europea e cun índice de opacidade de 5 ou máis, ou un cristal protector como os que se utilizan para soldaduras. 
  • Nunca deben usarse espellos, anacos de vidro afumado, radiografías, cámaras ou vídeos, instrumentos ou telescopios que non estean preparados para iso.
  • Un método seguro para observar o Sol é proxectalo sobre unha pantalla: utilizando dúas cartolinas separadas uns 50 centímetros, perfórase unha delas e oriéntanse ambas as dúas perpendicularmente ao Sol. Así se pode observar a imaxe de eclipse proxectada da primeira á segunda cartolina.

De xeito máis gáfico:

Máis información na guía de El País.

LIBRO DO MES DE MARZO

Descargar preguntas aquí.

4 de mar. de 2015

DÍA MUNDIAL DA EFICIENCIA ENERXÉTICA


Celébrase mañá, 5 de marzo, co obxectivo de sensibilizar á poboación na materia e impulsar o uso das enerxías renovables.
Ademais de apostar por procesos enerxéticos máis limpos, a modificación de actitudes respecto do uso da enerxía, recurso de primeira necesidade, só é posible a través da educación.
No capítulo da Familia Trebón títulado “Os traxes de baño non son para o inverno”. Os nosos amigos ensínannos a empregar a enerxía con cabeza, posibilitando que, además de coidar o medio ambiente, aforremos.


E ademais, SOGAMA tamén nos ofrece: