Amosando publicacións coa etiqueta Teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Teatro. Amosar todas as publicacións

22 marzo 2026

27 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DO TEATRO

 

O día 27 de marzo celébrase, dende o 1961, o Día Mundial do Teatro, por iniciativa do Instituto Internacional do Teatro (ITI).
Un dos actos máis representativos é a circulación da Mensaxe Internacional, tradicionalmente escrita por unha personalidade de prestixio. O elixido este ano é o recoñecido actor Willen Dafoe.
Algúns recursos e páxinas de interese para desenvolver o tema nas aulas:

16 xaneiro 2024

NO TEATRO

Hoxe martes, o alumnado de 4º foi a Ponteareas a ver esta obra na que se fai homenaxe a Carlos “O Xestal”, humorista, músico e figura clave da tradición popular galega.
A función foi unha emocionante viaxe pola cultura e tradición galegas, honrando a memoria dun dos seus máis queridos artistas.


14 marzo 2020

MÁIS POSIBILIDADES

Se os museos non son o teu, aquí hai máis opcións:
  • Dende o 12 de marzo ata o 1 de abril, a editorial Hearst España ofrece acceso gratuíto a 19 publicacións (10 minutos, harper’s bazaar, que me dices, elle, Cosmopolitan, mi casa, nuevo estilo, fotogramas… ) dende a plataforma Kiosco y más 
  • Movistar lite ofrece os seus contidos gratis durante un mes. Aos 8 canales en directo de Movistar + Lite (#0, #Vamos, Movistar Series, Movistar Seriesmanía, FOX, TNT, Comedy Central y AMC) únense agora os contidos de Disney Jr, Disney XD, Disney Channel, Nick Jr, Nickelodeon, Cartoon Network, Panda e Baby TV.
  • Se es socio da biblioteca pública tes a posibilidade de acceder ao catálogo de efilm, un Netflix das biblios.

07 maio 2019

ÚLTIMAS SESIÓNS DO PLAN PROXECTA

Durante este pasado mes de abril os alumnos de 2º da ESO asistiron ás dúas últimas actividades formativas do Plan Proxecta, na categoría de "O mundo que queremos".
Unha das actividades foi unha visita internacional desde O Salvador protagonizada por membros do colectivo LGTBI que non só nos falaron da discriminación que sofren moitos homosexuais e transexuais neste país, senón tamén da violencia de xénero, abusos e marxinación, achegándonos a súa experiencia vital.
A outra actividade foi unha representación teatral "Non bula-lo bulo" da man da compañía "As 100tolas", que nos introduciu no Teatro dos Oprimidos e no Teatro Social, reflexionando sobre o papel que xogan as fake news na nosa realidade, e manipulación da información.
Agora xa só queda exhibir as nosas obras desde gran proxecto: curtametraxes e programas radiofónicos. Xa queda moi pouco!






26 setembro 2017

TARDE DE TEATRO

Onte pola tarde, o Dpto de Extraescolares organizou unha xornada de teatro na casa da cultura. O alumnado de 3º e 4º da ESO tivo a oportunidade de ver en escea Seis cubos negros en corpo branco de Aporía Escénica; obra sobre a represión feminina.




16 abril 2015

MAIS ALÁ DOS CONTOS

O alumnado de 6° de primaria representará o luns 20 de abril ás 10 e media na residencia Santa Teresa da terceira edade da Cañiza a obra de teatro "Mais alá dos contos"



Pinocho non se quere convertir nun neno de verdade. Blancaneves reivindica o seu amor polos mineiros (que non ananos) e pasa do príncipe. O príncipe da Bela durminte está farto dunha muller de hai cen anos. A leiteira, Barba azul... ninguén está satisfeito co seu destino.

¡Fantasía e Texto non dan feito para atender as queixas dos protagonistas!

¿Que está a pasar no mundo dos contos?

Este é o argumento da obra de teatro de Nicasi Camps i Pinós que escollemos como actividade para participar na convocatoria VOLUNTARIADO DE LECTURA A, modalidade 3 (fora do centro) integrada no programa HORA DE LER, Para fomento da lectura nos centros de ensino.
¡Esperamos que vos guste tanto como a nos!


23 xaneiro 2014

SEMANA DE ACHADOS

Primeiro foi Rosalía de Castro, agora é Lope de Vega.
O investigador Alejandro García Reidy, da Universidade Autónoma de Barcelona, encontrou un manuscrito dunha obra inédita de Lope de Vega, "Mujeres y criados", que os catálogos literarios daban por perdida.
A presentación oficial realizarase nos próximos meses na Biblioteca Nacional, e en outono, catro séculos despois da súa creación, volverá ás táboas representada pola Fundación Siglo de Oro.

06 marzo 2013

TEATRO PARA TODOS

Co obxectivo de fomentar a literatura dramática entre os estudantes, o Centro de Documentación Teatral conta con dúas canles temáticas dirixidas a dous tipos de público: