A rutina de María no colexio verase alterada pola chegada dun neno moi especial. Pronto se convertirán en amigos inseparables. Aínda que durante unhas horas puidestes ver a curta aquí, saber que estaba en you tube sen permiso dos responsables fixo que a retiraramos inmediatamente, pero ofrecemos no seu lugar o trailer para ir abrindo boca.
O día 14 colgaremos nos corredores do centro estes anuncios por palabras que non son máis que pensamentos breves ou reflexións sobre o amor.
Deste xeito, traballando os sentimentos, poderemos amosar con normalidade o que sentimos, de igual maneira que manifestamos o que nos doe ou o que odiamos.
Algúns exemplos:
Pero o alumnado tamén aportará as súas producións. Esperade e comprobádeo.
Por San Valentín, amor si, pero amor aos libros nunha Curta de Animación gañadora dun Oscar no 2012: Os fantásticos libros voadores do Sr. Morris Lessmore.
Relata a historia dun home que amaba as palabras e os libros. Uns libros que cobran vida ao ser lidos e enchen de alegrías cada momento da vida.
Se tes entre 14 e 35 anos, participa ata o 23 de febreiro no concurso da Secretaría Xeral de Política Lingüística: "Lingua de namorar". Só hai que enviar unha mensaxe de amor en lingua galega (extensión máxima de 350 caracteres).
Desde a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) envíannos o Calendario profesional do libro e da lectura 2014, preparado en man común coa Asociación Galega de Editores. Unha peza informativa que pretende axudar na organización das actividades de promoción lectora.