31 de out. de 2017

SAMAÍN COS MÁIS PEQUENOS

                                                Os máis pequenos na biblio de Primaria!!!

SAMAÍN EN INFANTIL E PRIMARIA

A Biblioteca de Primaria, hoxe abriu as súas portas de forma terrorífica, para festexar o Samaín!!!!!




Os nenos/as na biblio celebrando o Samaín.
Feliz noite terrorífica a tod@s!!!!!

29 de out. de 2017

26 de out. de 2017

BUSCA DO TESOURO

Os nenos/as do Cpi a Cañiza están disfrutando moito ca Busca do Tesouro na biblioteca de primaria









A NOSA MASCOTA PANDORE  REGALOULLES A TODOS OS NENOS/AS UNHA PEGATINA
E O SEU CARNE .


24 de out. de 2017

OBRADOIROS PARA O SAMAÍN

Como xa anunciamos, o Dpto de Extraescolares desenvolveu un obradoiro de manualidades nas titorías de 1º, con fantásticos resultados.
Observade.










18 de out. de 2017

SAMAÍN 2017


Comeza a conta atrás para o Samaín cun taller de manualidades que, dende o Dpto de Extraescolares, se organiza para os de 1º da ESO e que se realizará durante as titorías.

Cos resultados decoraremos a biblioteca e outras dependencias do centro.
Que a creatividade nos sorprenda!!!!!!

17 de out. de 2017

PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA, 2017


Fernando Aramburu (San Sebastián, 1959), coa obra Patria, obtivo o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Narrativa.
O xurado destacou a obra galardoada "pola profundidade psicolóxica dos personaxes, a tensión narrativa e a integración dos puntos de vista, así como pola vontade de escribir unha novela global sobre uns anos convulsos no País vasco".
 'Patria', de Fernando Aramburu
Aramburu, licenciado en Filoloxía Hispánica, é autor das novelas Fuegos con limón (1996), Los ojos vacíos (2000), El trompetista del Utopía (2003), Bami sin sombra (2005), Viaje con Clara por Alemania (2010), Años lentos (2012), La gran Marivián (2013), Ávidas pretensiones (2014), Las letras entornadas (2015) e Patria.
Publicou tamén varias coleccións de relatos como Los peces de la amargura (2006), sobre as vítimas de ETA. 



16 de out. de 2017

CHEGAN OS PIRATAS Á CAÑIZA!

Desde a biblio de Infantil e Primaria, o profesorado colaborador da mesma organizou con motivo do mes da Biblioteca unhas xornadas motivadoras para todo o alumnado que terán lugar ao longo desta semana e nas que se informará sobre o funcionamento, normas, recursos dispoñibles... a través do xogo da busca do tesouro. 

CHORAMOS



PREMIO PLANETA DE NOVELA, 2017


Javier Sierra e Cristina López Barrio son o gañador e a finalista, respectivamente, da 66ª edición deste galardón.
Javier Sierra, autor de éxito internacional, recibiu o premio mellor dotado das letras españolas, retribuído con 601.000 euros, por El Fuego invisible, unha obra na que desprega todo o seu talento co thriller histórico nunha trama que xira ao redor do Santo Graal.
A madrileña Cristina López Barrio foi a outra finalista con Niebla en Tánger, unha novela na que narra as aventuras dunha moza muda na busca dun misterioso descoñecido.

6 de out. de 2017

NOBEL LITERATURA, 2017

 Resultado de imagen de NOBEL DE LITERATURA 2017
Kazuo Ishiguro, autor británico de orixe xaponesa, recibe o Premio Nobel de Literatura 2017.
Trátase dun dos autores máis interesantes da literatura anglosaxoa desde a súa primeira novela, Pálida luz en las colinas. Varias das súas novelas foron levadas ao cinema, como Nunca me abandones ou Lo que queda del día.
A obra de Ishiguro é pausada e serena, o seu gran dominio da linguaxe permitiulle viaxar desde escenarios clasicistas á ciencia ficción ou á fantasía. Versátil, si, pero sen deixar nunca de practicar un estilo no que os personaxes cobran gran importancia e que acaba sendo plenamente reconocible.

4 de out. de 2017

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL, 2017

http://www.abc.es/media/cultura/2017/10/03/Antonio-Garcia-Teijeiro-U10107476060t6--620x349@abc.jpg
Antonio García Teijeiro foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 polo seu libro Poemar ou mar, ilustrado por Xan López Domínguez. Un libro, segundo o xurado, cargado de emoción, cunha brillante elección léxica, onde o mar é o gran protagonista, poboado de criaturas que transitan por orixinais e suxestivas composicións poéticas.
Antonio García Teijeiro, naceu en Vigo en 1952, e está considerado un dos poetas máis importantes de literatura infantil en lingua galega.
Entre a súa extensa bibliografía poética podemos atopar: Palabras do mar, Ventos, Lueiro de papel, Na fogueira dous versos, Os nosos versos.
En canto á narrativa, publicou títulos como En voz baixa, Honorato, o rato namorado, Verbas de sal e Recendos de aire sonoro.
 Poemar o mar