18 de dec. de 2014
MAPA DAS LINGUAS
A Global Language Network é un proxecto de MIT Media Lab en colaboración con Aix-Marseille Université, MoBS Do Nordeste, e Harvard University e presenta un mapa das linguas do mundo co número de falantes, as traducións e as conexións con outras linguas.
O mapa recolle para o galego 4 millóns de falantes.
Máis que habitantes? Sería bonito, de non ser mentira. Que máis quixeramos e quixera o país!
Os expertos advirten de que a porcentaxe de galegofalantes baixa máis dun 8% en cinco anos e, coa tendencia actual, en 30 anos só un de cada catro habitantes de Galicia falará na súa lingua propia.
Ler máis.
Os expertos advirten de que a porcentaxe de galegofalantes baixa máis dun 8% en cinco anos e, coa tendencia actual, en 30 anos só un de cada catro habitantes de Galicia falará na súa lingua propia.
Ler máis.
14 de dec. de 2014
CARTA AOS REIS MAGOS
Unha guitarra, unha Wii, unha consola... e ata un unicornio son os agasallos que os nenos piden na carta que mandan aos Reis Magos. Pero, que pasa cando a carta vai dirixida aos pais?
Este é o plantexamento dun vídeo de pouco máis de dous minutos da multinacional Ikea. O resultado non deixa indiferente e convida a pensar no que reciben os nenos e no que realmente desexan.
“O NADAL desmóblanos a cabeza, e nada como o fogar para volvela amoblar"
11 de dec. de 2014
GUÍA LECTURA, NADAL 2014
A porta da nosa biblio está de gala para celebrar o Nadal e abrirse a un mundo infinito.
Entra e verás...
- Guía ESO
1 de dec. de 2014
CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA, 2015
Ademais desta data, o calendario lembra outras:
- 11 de xaneiro: Día do Usuario/a das Bibliotecas.
- 30 de xaneiro: Día da Ilustración.
- 21 e 27 de marzo: Día Internacional da Poesía e do Teatro, respectivamente.
- 23 de abril: Día do libro.
- 17 de maio: Día das Letras Galegas, con Xosé Filgueira Valverde.
- ...
25 de nov. de 2014
PREMIO CERVANTES 2014
O escritor Juan Goytisolo (Barcelona, 1931) é o gañador do Premio Cervantes 2014, o máximo galardón para a literatura en lingua castelá.
Na súa obra, traducida ao inglés na súa maior parte, cultivou diferentes xéneros, o ensaio, a narrativa, a reportaxe, a literatura de viaxes ou as memorias.
Autor de máis de cincuenta libros, entre as súas primeiras novelas destacan títulos como La resaca, La isla, Fin de fiesta, Señas de identidad, Reivindicación del conde don Julián, Juan sin Tierra y Makbara.
20 de nov. de 2014
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Experimento social
Camiñar polas rúas dunha gran cidade como Nova York resulta insoportable se a persoa acaba sendo branco de acoso, disfrazado de 'simple cumprimento'.
Como parte da súa última campaña, a plataforma Hollaback!, que loita contra o acoso, condensou 10 horas de gravación neste vídeo no que a actriz Shoshana Roberts experimenta a crúa realidade coa que moitas mulleres se enfrontan cada día.
Como actuamos ante a violencia machista?
Todo o mundo rexeita, sen ningún tipo de paliativos, a violencia contra as mulleres. Pero, que acontece cando somos testemuñas en primeira persoa deste tipo de agresións?
A compañía sueca STHLM Panda decidiu comprobar a reacción da xente ante a violencia de xénero. Cunha cámara oculta instalada nun ascensor, un home ameaza e agride a súa suposta parella, ante unha testemuña.
Abonda con ver o vídeo para comprobar que, aínda que a opinión e actitude da maioría cidadá é totalmente contraria a este tipo de violencia, á hora da verdade, non se actúa en consecuencia. Só unha das 53 vítimas da cámara oculta reacciona ante a agresión.
Na biblioteca, ese día, con marcapáxinas, música, libros e audiovisuais intentaremos sensibilizar, previr ou detectar situacións de risco.
17 de nov. de 2014
GALICIA LE
GaliciaLe é a plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas que proporciona un servizo de préstamo de obras en formato dixital.
En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo do libro electrónico en galego” e outro que aloxa o “Catálogo do libro electrónico en castelán”. Os libros incluídos nestas dúas contornas poderán lerse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores persoais e lectores de libros electrónicos.
Para poder acceder a GaliciaLe cómpre:
- Ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Despois é necesario rexistrarse na plataforma como usuario de GaliciaLe.
- Ter un dispositivo compatible (tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móbil etc.) e unha conta de correo electrónico.
14 de nov. de 2014
AUTORES E LIBROS MÁIS LIDOS NOS CLUBS
A través de Ler en mancomún, chéganos a relación de títulos máis lidos nos Clubs de Lectura durante o curso 2013/2014.
E tamén os autores que máis se repiten.
5 de nov. de 2014
3 de nov. de 2014
2 de nov. de 2014
SAMAÍN 2014
En Infantil e Primaria celebramos o Samaín cunha exposición de cabazas artisticamente decoradas.
Haberá un gañador por ciclo; quen será o artista?
Mirade que ben quedaron.
31 de out. de 2014
30 de out. de 2014
21 de out. de 2014
PREMIO IBEROAMERICANO SM DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL
O galardoado, Ivar Da Coll, é un dos representantes máis sobresaíntes da literatura infantil colombiana. As súas obras realízaas en formato de libro-álbum, onde as imaxes xogan un rol crucial no desenvolvemento da historia. As temáticas abordadas nestes contos son pequenas anécdotas da vida cotiá os cales achegan o neno á súa literatura.
Ademais, o xurado decidiu outorgar un recoñecemento especial á autora cubana Nersys Felipe por "a súa destacada traxectoria, polo seu protagonismo na renovación da literatura infantil iberoamericana, pola beleza e o uso poético da linguaxe e polo humanismo e a universalidade das súas obras".
PREMIO NACIONAL DE ILUSTRACIÓN 2014
O ilustrador santanderino José Ramón Sánchez foi galardoado hoxe co Premio Nacional de Ilustración por "a súa traxectoria, a súa influencia en varias xeracións de ilustradores e o seu esforzo polo recoñecemento da profesión".
PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DAS LETRAS 2014
O 24 de outubro, no teatro Campoamor (Oviedo), terá lugar a cerimonia de entrega dos Premios Príncipe de Asturias 2014.
Dende xuño coñecemos xa ao premiado no ámbito das letras, o escritor irlandés John Banville, de 68 anos.
O xurado destacou a súa "intelixente, fonda e orixinal creación novelesca, e ao seu outro eu, Benjamin Black, autor de turbadoras e críticas novelas policíacas,". A acta do xurado conclúe dicindo: "Cada creación súa atrae e deleita pola mestría no desenvolvemento da trama e no dominio dos rexistros e matices expresivos, e pola súa reflexión sobre os segredos do corazón humano".
17 de out. de 2014
PREMIO PLANETA DE NOVELA 2014
Un ano máis Barcelona viviu unha gran noite literaria coa tradicional cea que anuncia o gañador e finalista da 62 edición dos Premios Planeta.
Dos 453 exemplares presentados, o xurado seleccionou aos 10 candidatos. E, desta selección, saíron:
A gañador: Jorge Zepeda Patterson con Milena o el fémur más bello del mundo.
A finalista: Pilar Eyre con Mi color favorito es verte.
16 de out. de 2014
DÍA INTERNACIONAL PARA A ERRADICACIÓN DA PROBREZA
«Non deixar a ninguén atrás: pensar, decidir e actuar xuntos contra a pobreza extrema» Lema deste ano
O 17 de outubro de 1987, máis de 100 mil persoas congregáronse en Trocadero, París, para recordar que en 1948 se asinara a Declaración Universal de Dereitos Humanos, e tamén para render homenaxe ás vítimas da pobreza extrema, a violencia e a fame.
Dende entón, o 17 de outubro de cada ano, o mundo mostrar a súa solidariedade cos pobres.
Segundo estimacións da ONU e o Banco Mundial, ao redor de 1000 millóns de persoas vivirán na pobreza extrema no 2015 en todo o planeta; polo que a movilización e a protesta contra esta inxustiza debe ser firme e continuada.
15 de out. de 2014
LIBROS DO MES DE OUTUBRO
Descargar preguntas:
- 1º e 2º de ESO: O trasno de Bóveda e a chave máxica
- 3º e 4º de ESO: Sinfonía africana
14 de out. de 2014
PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL 2014
Autorretrato de Raúl Sagospe (dereita) xunto a Diego Arboleda (esquerda) |
Diego Arboleda obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa novela Prohibido leer a Lewis Carroll.
Arboleda e o ilustrador Raúl Sagospe dan vida neste libro a Alice, unha nena apaixonada por Alicia no país das marabillas. Unha obra, en opinión do xurado, extremadamente orixinal, cun brillante sentido do humor e un gran ritmo narrativo. O texto, recreación dunha época, está salpicado de referencias literarias e históricas. Destaca polos seus personaxes sólidos e moi ben construídos, así como pola fina ironía dos xogos lingüísticos,".
Primeiras páxinas.
Arboleda e o ilustrador Raúl Sagospe dan vida neste libro a Alice, unha nena apaixonada por Alicia no país das marabillas. Unha obra, en opinión do xurado, extremadamente orixinal, cun brillante sentido do humor e un gran ritmo narrativo. O texto, recreación dunha época, está salpicado de referencias literarias e históricas. Destaca polos seus personaxes sólidos e moi ben construídos, así como pola fina ironía dos xogos lingüísticos,".
Primeiras páxinas.
Ilustración de Raúl Sagospe para Prohibido leer a Lewis Carroll |
10 de out. de 2014
EXPOSICIÓN BANDA DESEÑADA
O Centro de formación e recursos (CFR) de Vigo préstanos, dende o día 8 ao día 27 de outubro, unha ampla mostra de banda deseñada.
O material está á vosa disposición na biblioteca, exposto na mesa da entrada. Como non temos permitido o préstamo, só será posible a lectura en sala.
Animádevos a visitala
9 de out. de 2014
NOBEL DE LITERATURA 2014
Patrick Modiano, escritor francés, autor de novelas como 'En el café de la juventud perdida', 'El horizonte', 'Barrio perdido', 'Flores de ruina', 'Un circo pasa'... foi recoñecido pola academia sueca co Nobel de Literatura 2014.
PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2014
O poeta Antonio Hernández foi galardoado hoxe co Premio Nacional de Poesía pola obra 'Nueva York después de muerto'.
7 de out. de 2014
PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA 2014
O valenciano Rafael Chirbes foi o galardoado co premio Nacional de Narrativa 2014 por En la orilla.
Segundo o xurado, trátase dunha novela "de extraordinaria construción literaria, que tratando da realidade actual, non se limita ao realismo, mostrando unha riqueza formal e recursos poéticos que o transcenden."
O premio, dotado con 20.000 euros, concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, para distinguir unha obra escrita en calquera das linguas oficiais durante 2013.
6 de out. de 2014
3 de out. de 2014
LIBROS DO MES
BASES CONCURSO LIBRO DO MES
Louise C Bergeron |
- Poderán participar os alumnos de todos os cursos de ESO.
- A primeiros de cada mes anunciarase o libro obxecto do concurso. Este poderá estar escrito en galego ou en castelán, ou, se así se especifica, en ámbalas dúas linguas.
- Os participantes deberán ler o libro e contestar a unhas preguntas que se farán públicas, na biblioteca e no blog, a mediados de mes.
- Quen responda correctamente a todas as preguntas será o gañador. Se houbese máis dunha persoa que respondese correctamente a todas as preguntas, gañará quen entregue as respostas en primeiro lugar. De persistir o empate faríase un sorteo xa que só pode haber un gañador, agás que o equipo da biblioteca decida, excepcionalmente, que poida haber máis dun.
- Cada concursante só poderá presentar unha batería de respostas.
- As respostas entregaranse na biblioteca, ao profesorado responsable.
- Se ninguén respondese correctamente a todas as preguntas, o concurso quedará deserto, é dicir non haberá gañador/a.
- O profesorado que conforma o equipo da Biblioteca será o encargado de levar a cabo o concurso.
NOTA: Se tes dúbidas consulta con calquera dos profesores/as do equipo da biblioteca.
ANÍMATE... E PARTICIPA. LER PAGA A PENA
1 de out. de 2014
E-READER
Contamos tamén con dispositivos de lectura electrónica (E-reader) que calquera membro da comunidade pode levar. Teredes que solicitalos na biblioteca e precisamos a autorización das familias.
29 de set. de 2014
PARABÉNS MAFALDA
Hoxe, 29 de setembro, Mafalda cumpre 50 anos. Cal será o mellor agasallo? Unha cunca de sopa?
26 de set. de 2014
NOVIDADES
Curso novo, normas novas.
Atentos á devolución do material nos prazos fixados!!! Sabedes que perseguimos ao morosos.
25 de set. de 2014
XA ESTAMOS!
E, como non, coas baterías cargadas.
Por iso queremos promocionar a nosa "hora de ler", cun vídeo que alumnos de 1º fixeron co profesor de Lingua Galega, Xabier.
Seremos capaces de facer este ano algo similar? Animádesvos a participar?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)