31 de maio de 2021
XA TEMOS LOGO PARA A RADIO
30 de maio de 2021
29 de maio de 2021
22 de maio de 2021
19 de maio de 2021
GAÑADORES CONCURSO DO CONCELLO
Xa coñecemos aos gañadores do concurso que o concello organizaba polas Letras Galegas.
- POESÍA
- 1ª CATEGORÍA: "A morte" de Zaira Lomba Álvarez (11 anos).
- 2ª CATEGORÍA: "Quero fuxir" de Iria F ernández Giráldez (13 anos).
- RELATO
- 1ª CATEGORÍA: "O gato lambón" de Manuel Pereira Iglesias (6 anos).
- 2ª CATEGORÍA: "In-móbil" de Claudia Machado Puga (16 anos).
13 de maio de 2021
III CONCURSO DE PODCASTS - RADIO NA BIBLIO
Con motivo do Día das Letras Galegas 2021, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos convocou o III Concurso de Podcasts - Radio na Biblio, nesta ocasión relacionados coa figura homenaxeada este 17 de Maio: Xela Arias.
Para escoitar os programas, premede nas imaxes.
O primeiro podcast é de todo o alumnado de 5º de Educación Infantil que nos relatan o Festival Das Letras Galegas e ata fixeron un rap e todo!
ACTIVIDADES PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021
Para celebrar o Día das Letras Galegas, os equipos de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca de Infantil e Primaria prepararon un concurso de preguntas sobre a homenaxeada desta edición: Xela Arias.
Comezamos cun pequeno vídeo sobre Xela Arias que debedes escoitar para coñecer un pouquiño a vida e obra desta autora galega. Premede na imaxe para ver o vídeo!
12 de maio de 2021
RAP PARA A IGUALDADE
Pincha para ver máis fotos |
10 de maio de 2021
MÁIS XELA
Os segredos de Xela, "escape room" especial Letras Galegas 2021, deseñada por Noemí García e Belén Martín Franco.
LETRAS GALEGAS, 2021
E hai moitas maneiras de achegarse a ela, aquí só algunhas:
- Primavera das Letras.
- O portal da lingua galega.
- Seminario Galán.
- Especial do Consello da cultura.
- Aulas Galegas.
- Pílulas de Xela Arias. Compilación do teacher Gonzalo de diversos Genially.
- Kahoot de ogalego.eu sobre a vida de Xela Arias.
- Kahoot de ogalego.eu sobre a obra.
- Recursos do EDLG do CEIP Ramón Cabanillas.
- Autodefinido de Carlos Medrano.
- O tan agardado telexornal do CPI dos Dices, Rois.
- Presentación de Burbullas de PT
7 de maio de 2021
9 DE MAIO, DÍA DE EUROPA
Cristina, a nosa compañeira de francés, deseñou un xogo de "escape" virtual para o Día da Unión Europea. E, aínda que a maior parte está en francés, pode participar calquera alumno.
Para realizalo, teñen que escanear uns códigos QR que está polos corredores do primeiro e segundo andar.