29 de xuño de 2024

ATA SETEMBRO

 

Por fin de vacacións; xa as necesitabamos. Toca agora relaxarnos e descansar para volver con máis gana.

Pasádeo ben que, en breve, estaremos de volta!!!

22 de xuño de 2024

FESTIVAL E GRADUACIÓN 2024

E así pechamos o curso.
Foi unha xornada intensa, sobre todo para os de 4º que se despedían felices. Ademais do festival de música e os bailes, a cerimonia de graduación encheu a xornada e ata houbo bágoas.
Botarannos de menos?

PICADE NA FOTO PARA ENTRAR NA GALERÍA

20 de xuño de 2024

GRADUACIÓN 2023-2024

Elena e Ángel xa teñen o escenario preparado. E seguro que Ruta tamén afinou o violín. 💜💜💜
Haberá que ir de etiqueta???? 

VIVE LA FRANCE

C'est ainsi que nous avons terminé le cours de français avec Isabelle.
DÉLICIEUX!!!

ORATORIA, 3º ESO

Traballo final de Oratoria: acción poética sobre Luisa Villalta (3º ESO)
 

19 de xuño de 2024

IOGA

Hoxe puideron, os alumnos e algún profesor, iniciarse no ioga. E en inglés!!!! Impartida por José Luis, o profe de inglés do IES.
Quen non quere relaxarse nesta semana final tan estresante?
Picade na imaxe para ver máis.

17 de xuño de 2024

ECOPERCUSIÓN

Hoxe, o alumnado de 1º participou nun taller de percusión "Ecopercusión", co profesor Eduardo. E o realmente novidoso foi experimentar con materiais reciclados: cubos de pintura, bidóns, tixolas...

Galería

15 de xuño de 2024

PREMIOS AOS USUARIOS MÁIS ACTIVOS

Como xa pechamos o programa de préstamos, podemos saber xa que lectores foron os máis activos e aquí os tedes.
Sophia (1º A) e Valentina (3º A) recibirán un agasallo.

VISITA IES O RIBEIRO

A nosa exalumna Idaira, agora alumna do IES O Ribeiro, visitounos para falar, co alumnado de 4º, do  bacharelato de artes que cursa en Ribadavia. Animaranse os nosos?



CELANOVA

O 5 de xuño, o alumnado de 4º da ESO, xunto co coro, asistiu ao concerto didáctico no mosteiro de Celanova e realizou un roteiro literario cos poetas da localidade.
Entra na imaxe para ver máis fotos.

ORATORIA, 3º ESO

Traballos finais na materia de Oratoria en 3º da ESO
Iria e Isabella

Erea e Alba F

Hugo, Soraya, Miriam e M Rita

Nico, Ainoha, Alba

1 de xuño de 2024

DE ROMERÍA

O pasado luns 20 de maio, as alumnas Laura Loira e Lucía Pereira, de 2ºDforon á Romaría da virxe da Franqueira, tamén coñecida como "Pascuillas".

Para contar as súas andanzas, fixeron un vídeo "Vlog" onde recolleron o seu traxecto dende a Cañiza ata chegar á Franqueira.