Amosando publicacións coa etiqueta Enfiando Versos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Enfiando Versos. Amosar todas as publicacións

26 marzo 2026

DECORADO PARA O ENFIANDO VERSOS IV

Pedímoslle a Claudia (Plástica) un decorado para o Enfiando versos e púxose mans á obra.
Despois dos bocetos do alumnado de 4º, xa se vai vendo algo. Agora xa só queda coser!!!
Agardamos que os poetas estean á altura.



24 abril 2024

GAÑADORES ENFIANDO VERSOS II

Despois da final no día do libro, estes foron os gañadores. O premio, un vale de 50 €, nunha librería do pobo, para cada categoría.

A pola III edición!!!

  • NA CATEGORÍA 1º/2º ESO: ZAYRA G., ARIADNA M. E MARÍA E - 2º ESO B
  • NA CATEGORÍA 3º/4º ESO: ADRIÁN P. - 3º ESO C

03 maio 2023

ENFIANDO VERSOS I, GAÑADORES

Tivemos hoxe a fase final.
FINALISTAS E XURADO
E xa temos gañadores dese vale de 50 € nunha librería do pobo:

  • Na categoría de alumnado de 1º e 2º da ESO: Iago González Alonso, 2º D.
  • Na categoría de alumnado de 3º e 4º da ESO: Iria Fernández Giráldez, 4º B.

25 abril 2023

ENFIANDO VERSOS I

Estamos en plena fase clasificatoria do "Enfiando versos I" e encantados coa boa resposta. A biblioteca enche cada recreo e nin nós o podemos crer!!!!!!!!!!

Atentos a esta entrada no blog porque cada día iremos enchendo a galería coas fotos e vídeos de cada curso. Picade na foto e irédelos vendo.


AVISO: Aínda que a final estaba programada para o venres, pasarémola ao MÉRCORES, ao ter os de 3º e 4º unha excursión ese día.