Amosando publicacións coa etiqueta Fotos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fotos. Amosar todas as publicacións

26 xuño 2017

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O día 23 de xuño despedimos o curso cun festival no que houbo de todo: música, baile, teatro, cancións... e entrega de orlas nunha xornada moi emotiva.
O fin de festa estivo a cargo dos ex alumnos Rives e Darío Dk, coñecidos como Loucost.
LOUCOST
Aquí recollemos unha pequena mostra:

Os alumnos de 3º B fixeron unha recreación que nos levaba ás cantigas medievais.

Alumnos de 2º C a ritmo de rock and roll 

Alumnos de 3º e 4º co musical Grease.

FESTIVAL FIN DE CURSO, 16-17 on PhotoPeach

31 maio 2016

OS DO CLUB DE LECTURA FORON DE PASEO

Este curso, o club de lectura despediu a actividade cunha visita á vila de Allariz e, aínda que tiveron que improvisar sobre a marcha polo cambio de horario dos xardíns, parece que non o pasaron mal.
Ver máis.
CLUB DE LECTURA EN ALLARIZ - 2016 on PhotoPeach

08 febreiro 2016

O COLE NO ENTROIDO DA CAÑIZA

Este ano, por vez primeira, no entroido da Cañiza houbo unha representación do cole.
Elena, a profe PT, animou aos seus alumnos a participar e parece que o pasaron tan ben, tan ben, que están dispostos a repetir.
Aquí os temos.
O CPI NO DESFILE DO POBO, 2016 on PhotoPeach

ENTROIDO 2016

Como en todo entroido que se prece, os disfraces foron os protagonistas. Dos que se animaron a participar no desfile, tres foron os premidados pola creatividade, orixinalidade e elaboración propia.
Alumnado de todos os cursos de ESO dirixidos pola profesora de Pedagoxía Terapéutica, Elena.
A profesora de galego, Elvira, con alumnos de 1º B
Alumnos de 4º ESO
Nas presentacións que seguen podedes ver a outros alumnos e profesores que tamén participaron na festa.
ENTROIDO 2016 NO CPI DA CAÑIZA (I) on PhotoPeach  
ENTROIDO 2016 NO CPI DA CAÑIZA (II) on PhotoPeach

ENTROIDO 2016 - CONCURSO COCIÑA

19 sobremesas participaron no concurso que cada ano celebramos nesta data.
Houbo variedade: flores de entroido, filloas recheas, biscoitos, roscóns, tortas, galletas...




Nalgunha, as "cociñeiras" Ana Pérez Machado e Nadia Filipa Simoes De Carvalho (3º A) buscaron a inspiración no libro Escarlatina a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, e así lograron un dos premios con estas elaboracións.
E ante tanto despliegue de talento culinario, aquí están as gañadoras:
Iria Alonso Rivera
Carla Gómez Troncoso (1º B)
Ana Pérez Machado
Nadia Filipa Simoes De Carvalho (3º A)
Sara Portugués Fernández (4º B)

19 febreiro 2015

REPORTAXE FOTOGRÁFICA ENTROIDO 2015

ENTROIDO 2015-II  
ENTROIDO 2015-III  
ENTROIDO 2015-IV 
ENTROIDO 2015-V 

SESIÓN DE CHAPA E PINTURA

Alexandra e Andrea de 3º B en pleno proceso para convertirse en Catrina.




Por fin, o resultado final co grupo completo: Alexandra, Andrea e Verónica de 3º B e Xena de 3º A

MASTER CHEF NO COLEXIO?

O alumnado de Atención Educativa de 1º A participou no concurso de sobremesas cunha torta de oblea e chocolate deliciosa.
Algúns estivemos presentes na súa elaboración na cafetería.
Estará entre nós o próximo Master chef Junior? Oxalá.



01 decembro 2013

CLUB DE LECTURA

Comezamos coa presentación do club de lectura na biblioteca.
E, a continuación, puxemos en marcha o noso proxecto "Navegando entre libros".
Algún dos grupos xa ten lecturas, pero tamén se admiten suxestións.