27 de xuño de 2022
24 de xuño de 2022
FESTIVAL FIN DE CURSO E GRADUACIÓN 21-22
21 de xuño de 2022
ANUARIOS DE 4º
Traemos aquí unha interesante actividade que o alumnado de 4º realizou en Lingua Inglesa. Trátase duns mini anuarios inspirados nos que fan en EEUU cando se gradúan no instiuto. Inclúen fotos do alumnado tanto individuais como en grupo, unhas frases que se dedican entre eles e tamén algunhas anécdotas e lembranzas (redactadas en inglés) da súa etapa educativa na ESO.
Picade debaixo da imaxe para entrar no de cada grupo.
18 de xuño de 2022
VIDEOXOGO
O profe Breixo, de Primaria, estivo traballando durante este curso na creación dun videoxogo sobre o noso colexio e aquí vos deixamos o resultado final. Está dispoñible tanto para ordenador coma para dispositivos Android (esperamos poder telo en IOS en breve). Neste xogo teredes que ir buscando obxectos e moedas que vos darán os diferentes mestras e mestres para activar a panca que hai na porta de entrada. Esperamos que vos guste e vos divirtades moito con el.
Para acceder a el só tedes que CLICAR NA IMAXE.
Aquí atoparedes 3 carpetas: Android, Mac e Windows.
Para xogar no móbil ou tablet Android, só tedes que descargar e instalar o arquivo APK que aparece. Antes, en axustes do teléfono, debedes permitir a instalación de arquivos externos. (BREVE TITORIAL)
Para xogar no ordenador, descargades a versión de Windows e buscades un arquivo que se chama “GAME”. Non hai que instalar nada, só abrilo e listo!
Parabéns profe Breixo polo traballo!!!
DESPEDIDA DA RADIO
Lucía, Zaira, Érika e Noa de 3ºB e Iria de 3ºA fálannos de moitos dos asuntos que lles preocupan.
Contamos con elas para un equipo de radio no curso que vén!!! E agardamos que contaxien a outros.
16 de xuño de 2022
GAÑADORES CONCURSOS
Premio da biblioteca no concurso da exposición polo día do libro.
- 1º PREMIO: Jairo Domínguez Pereira, 2C
- 2º PREMIO: Mauro Piña Novoa, 2A
- Estela Sendín Rguez, 2A
- Estela Sendín Rguez, 2A
- Claudia Simón Glez, 2A
- Daniel Giráldez Machado, 1D
ILUSTRANDO O RELATO
PICA NA IMAXE PARA ENTRAR NA GALERÍA |
Dentro do Plan Proxecta Donas de si, os alumnos de 3º ESO asistiron a unha sesión organizada por Polo Correo do Vento. Nesta actividade, un relator achegounos de forma amena á biografía de Rosalía de Castro e, ao mesmo tempo, unha ilustradora realizou un debuxo sobre esta autora.
A continuación, houbo un pequeno debate en que se reflexionou sobre a conveniencia da homenaxe do Día das Letras Galegas a autores/as que levan 10 anos falecidos en lugar de realizar esta celebración en vida. Tamén se comentou a escasa visibilidade que tiveron ata o momento as mulleres nesa efeméride.
O debuxo resultante desta actividade está colgado nun dos corredores do centro.
13 de xuño de 2022
PANTALLAS AMIGAS
11 de xuño de 2022
BARALLA DA MULLER NO DEPORTE
Xogo de cartas da muller no deporte e vida saudable
Os alumnos e alumnas de valores estiveron a crear uns naipes coas figuras dalgunhas mulleres que triunfaron no deporte. Investigaron diferentes biografías de mulleres en moi diversos deportes e nacionalidades, vendo dificultades que puideron ter na súa carreira deportiva, así como a teima que lles levou a superar as adversidades para conseguir os seus obxectivos rompendo barreiras, en moitos casos.
Logo déronlle ao coco para crear diferentes xogos con esta orixinal baralla e por suposto pasaron un bo rato comprobando que a súa creatividade deu un resultado moi entretido.
PICA NA IMAXE PARA VER A GALERÍA |
10 de xuño de 2022
8M
Dende o departamento de inglés, cada un dos grupos de 3ºESO elaborou unha presentación en cartolina simulando un perfil de Instagram sobre mulleres inglesas e estadounidenses do pasado que destacaran na súa disciplina. O grupo de 3-ESO A encargouse de mulleres relacionadas con diversas disciplinas (deportistas, políticas, arqueólogas…); o grupo de 3ºESO B encargouse de mulleres escritoras en lingua inglesa; o grupo de 3º ESO C encargouse de mulleres relacionadas ca música. Cada estudante fixo unha presentación oral, empregando vídeos, diapositivas… subidos previamente á pizarra interactiva da aula virtual. As cartolinas foron expostas na aula durante un tempo para que os estudantes puideran ver máis detidamente a información e deixar algún comentario.
25N
Polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25N), desde o departamento de inglés, os estudantes de 2º e 3º da ESO gravaron en lingua inglesa, e outros idiomas, diferentes frases que reflectiran situacións cotiás nas que se exerce violencia contra as mulleres. As gravacións foron reproducidas o día propio pola megafonía do instituto e na radio local nunha programación especial.