28 de feb. de 2022
26 de feb. de 2022
ENTROIDO 2022
E, por fin, xa puidemos gozar do excelente traballo de Extraescolares, Educación Física, Música e Plástica, coa colaboración de todos os demais.
Non contamos coa capitana, Elena, á que botamos moito de menos (sabemos que ela a nós aínda máis); pero coa organización "en diferido" da nosa mestra de cerimonias, vivimos o día sen sobresaltos.
Sabemos que ela intentou chegar, pero a montura non axudaba.
Nesta montaxe, que preparou, resumimos a xornada.
Se queredes ver máis, picade nas imaxes e ligazóns para entrar nas respectivas galerías:
- A da decoración, na que merece unha mención especial o magnífico "Museo da máscara en miniatura" feito por Tania co seu alumnado de Plástica.
- As fotos.
Os foraxidos primeiro, que non os hai que perder de vista. |
25 de feb. de 2022
PREPARÁNDONOS
Unha sorte contar cunha impresora 3D. Xa temos estrela de sherif para o entroido.
E non foi a única produción; houbo figuras xeométricas, notas musicais, construcións...
24 de feb. de 2022
CONCURSO CARTEIS 8M
23 de feb. de 2022
RAP E IGUALDADE
Ao longo de seis sesións de traballo, o alumnado de 3º utilizou o rap para concienciar sobre a igualdade. Neste taller foron asesorados por especialistas en produción musical e en igualdade de xénero.
O taller estivo organizado polo concello da Cañiza e o Departamento de Música, dentro das actividades do proxecto "VIOLETAS", proxecto para promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero.
21 de feb. de 2022
19 de feb. de 2022
DÍA DE ROSALÍA
Coa colaboración de Dinamización Lingüística, Extraescolares, Programa "Donas de si", Biblioteca e Departamento de Lingua Galega, elaboramos esta montaxe na que lle poñemos voz a un breve poema de Rosalía empregando as linguas que conviven no cole.
A edición foi cousa de dous exalumnos, Rives e Darío. Grazas polo voso traballo.
18 de feb. de 2022
11 F, DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA
O 11F, profesores e alumnos do CPI, capitaneados por Clemen (Tecnoloxía) e Tere (Lingua Castelá), recordaron na radio a vida de mulleres científicas que fixeron a nosa vida máis doada.
Aquí podemos escoitar a montaxe final.
En breve presentaremos un cuestionario e un concurso sobre o programa. Ata haberá agasallos.
16 de feb. de 2022
ENTROIDO
A voltas co entroido, xa podemos ver algunha pista sobre o tema elixido polos profes. Pica na imaxe para ver a galería.
14 de feb. de 2022
13 de feb. de 2022
V CONCURSO DE MICRORRELATOS
A asociación PuntoGal e a RAG organizan conxuntamente un concurso de microrrelatos que ten como obxectivo reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital.
Infórmate das bases.
11 de feb. de 2022
11 F, DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA
Hoxe conmemoramos o día:
- Cunha montaxe na entrada.
- Coa visualización de curtas en 3º ESO B
10 de feb. de 2022
11 F, DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA
Aquí algúns recursos que, para este día, crearon un grupo de científicas da Universidade de Sevilla. Coa actividade “Científicas: Pasado, Presente y Futuro”, buscan incentivar vocacións científicas e visualizar o papel da muller na ciencia. En especial, queren achegar as nenas a este mundo, ofrecéndolles referentes nos que poidan sentirse reflectidas.
- “Pasapalabra”, con preguntas sobre logros de mulleres científicas.
- Vídeo “5 científicas tienen 5 preguntas”
E non esquezades o calendario científico científico escolar da FECYT coa guía didáctica xa publicado.
4 de feb. de 2022
11 F, DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA
Para conmemorar o día, aquí temos un motivador vídeo que María José Alonso gravou para o alumnado de Tania (LGalega).
3 de feb. de 2022
PREPARANDO ENTROIDO E 8M
Empezamos a ver actividade!!! Estas son algunhas das tarefas que se están a desenvolver:
PARA O ENTROIDO:
Xa hai ensaios para os bailes que se han convertir nun clásico. Eva de EF con 1º e 2º, Ruta de Música con 3º e 4º.
PARA O 8M
- O alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO buscou citas célebres de mulleres que fixeron historia co fin de elaborar un mural no que estarán representadas todas as linguas impartidas no centro.
- Ademais, algúns estudantes de diferentes cursos están demostrando os seus dotes artísticos para poder presentarse ao "V Concurso de Carteis do 8 de marzo. Día Internacional da Muller".
23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA
Nun traballo conxunto de Biblioteca, Lingua Galega, Dinamización Lingüística e Extraescolares propoñemos para celebrar o día un concurso de caligramas.
DÍA DE ROSALÍA, CAMBIO DE DATA
O Día de Rosalía de Castro pasará a celebrarse o 23 de febreiro, auténtica data de nacemento da poeta.
A Xunta de Galicia e as institucións vencelladas á autora deciden cambiar a efeméride tras a aparición de nova documentación que desvela a súa data real.
2 de feb. de 2022
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)