En que andará Laura, a profe de Plástica? Aparecen cousiñas espalladas polo cole porque non descansa!!😊😊😊😊
Dáme que está argallando algo!!! 🎄🎅27 de nov. de 2017
24 de nov. de 2017
OS DE VALORES ÉTICOS NO 25 DE NOVEMBRO
O alumnado de valores éticos buscou a sensibilización no centro de xeitos diversos. Dende carteis, ata mensaxes nos chanzos das escaleiras; dende unha curta marabillosa, ata unha performance participativa.
Fantástico o seu traballo e tamén a receptividade dos espectadores no patio. Moitas grazas a todos.
Aquí tedes a súa actividade.
25 NOVEMBRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO on PhotoPeach
22 de nov. de 2017
TAL COMO ERAMOS (I)
Entregade a resposta na biblioteca co nome da persoa e o libro aquí agochado.
O prazo para a actividade será de 15 días a partir de hoxe.
Moita sorte.
TAL COMO ERAMOS
Con este concurso recuperamos un éxito de anos atrás. En que consiste o reto?
En adiviñar:
- Quen se agocha na foto que vos ofrecemos. Alguén do cole que, por suposto, coñecedes.
- De que libro falamos.
Así de simple. A que esperades? Teredes que entregar a resposta na biblioteca e listo!
Moita sorte.
20 de nov. de 2017
A TER EN CONTA
Un de cada catro mozos ve “normal” a violencia de xénero na parella. Continuar lendo...
Por iso debemos recordar que, en 15 anos, morreron máis de 900 mulleres a mans das súas parellas.
E, se miramos á actualidade, co xuízo á "manada" por violación múltiple, quizais conveña insistir en que só hai un culpable das agresións sexuais e non, non son as mozas.
8 de nov. de 2017
DE FESTA!!
En Secundaria tivemos, a tarde do luns, un dous por un: MAGOSTO+SAMAÍN.
Por esta mistura, non foi raro ver disfraces terroríficos asando as castañas ou participando na proba de orientación que prepararon os profes de Educación Física e a profe de extraescolares.
2 de nov. de 2017
EDUARDO PONDAL EN CINCO MINUTOS
A fundación Eduardo Pondal xunto con Asubío Média ilustran en cinco minutos a vida de Eduardo Pondal.
Este traballo audiovisual estará dispoñible en galego, castelán, catalán, portugués e euskera, intentando así que o coñecemento da vida do poeta teña un maior alcance.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)