O alumnado de ITI, en traballo colaborativo, deseñou un decálogo para vivir en paz no colexio. Oxalá o teñamos en conta, seriamos moito máis felices.
Tamén nas distintas titorías deseñaron o símbolo da paz con post-it de cores. Pinchade na imaxe para ver máis.30 de xan. de 2021
29 de xan. de 2021
ACTIVIDADES DÍA DA PAZ (30 XANEIRO 2021)
O 30 de Xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e A Paz. Para que poidades desfrutar deste día tan especial, deixámosvos unhas recomendacións e actividades.
CONTO: WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ.
Pinchando na imaxe poderedes ler este precioso conto.
ACTIVIDADES
26 de xan. de 2021
DÍA ILUSTRACIÓN, 30 DE XANERIO
Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Esta iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Asociación de Profesionais da Ilustración serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano a protagonista é Lolita Díaz Baliño "... unha pioneira artista multidisciplinar que desafiou as convencións sociais da época."
É Manel Cráneo o autor do cartel deste ano, unha poderosa imaxe da que seguro teremos moitas e variadas lecturas: estéticas, literarias, históricas, mitolóxicas ... ao tempo que viaxamos polas xeografías da ilustración.
7 de xan. de 2021
2021
Para avanzar polo 2021, tres calendarios que podedes descargar.
O científico do CSIC
O ortográfico de Don Pardino.
O editado pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo que este ano fau protagonista ao alumnado galegofalante.
2 de xan. de 2021
FESTIVAL NADAL 2020
Despedimos o ano con moito ritmo, pois Ruta ata consegue que nos movamos á vez. Temos ata vídeos que o demostran. Pinchade nas imaxes.
Pero non só foi baile. Unha xincana cultural e deportiva, con alta participación, axudounos a despedir o día con diversión.
Con esta motivación dá gusto organizar actividades. Repetiremos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)