Samaín 2018 de ME PP
26 de out. de 2018
25 de out. de 2018
PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA, 2018
Almudena Grandes (Madrid, 1960) obtivo o Premio Nacional de Narrativa 2018 coa novela Los pacientes del doctor García. Esta obra englóbase, xunto a outras tres, dentro da saga Episodios de una guerra interminable sobre as consecuencias da Guerra Civil no noso país e as súas achegas á Segunda Guerra Mundial.
O xurado elixiu esta obra por "conseguir un difícil e preciso equilibrio entre o imaxinado e a lealdade á verdade histórica".
En 2010 comezou a serie Episodios de una guerra interminable con Inés y la alegría (2010). O segundo título da serie foi El lector de Julio Verne (2012), o terceiro, Las tres bodas de Manolita (2014), e o cuarto, Los pacientes del doctor García (2017).
24 de out. de 2018
DÍA DA BIBLIOTECA
O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca, a iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro infantil y Juvenil desde o ano 1997.
Este é o cartel do ilustrador Alfonso Zapico.
23 de out. de 2018
CELEBRACIÓN DO DÍA DA BIBLIOTECA
Día da Biblioteca
Con motivo do día da Biblioteca, os nenos/as de infantil e primaria foron sorprendidos co xogo da ruleta, na que tiñan que saber: as normas, o prestamo, que libros corresponden para cada idade.... a través de probas, palabras tabú, xestos e o preguntoiro. Os máis pequenos/as tiñan que adiviñar o título dun conto todo esto dependendo de onde parara a nosa super ruleta.
Temos uns artistas no noso cole, porque adiviñaron tódalas preguntas, por iso todos levaron un agasallo, que a nosa mascota Pandore escolleu con moito agarimo e unha pizca de maxia.
19 de out. de 2018
18 de out. de 2018
PREMIO NACIONAL DE POESÍA, 2018
O xurado do Premio Nacional de Poesía concedeu a Antònia Vicens o Premio Nacional de Poesía 2018, pola súa obra Tots els cavalls.
Antònia Vicens conta cunha longa traxectoria literaria, publicando tanto novela como poesía. En 2009 publicou o seu primeiro libro DE poesía Lovely, ao que seguiron Sota o paraigua el crit (2013), Fred als ulls (2015) e Tots els cavalls.
16 de out. de 2018
PREMIO NACIONAL DE CÓMIC, 2018
A autora valenciana Ana Penyas gañou o Premio Nacional de Cómic que concede o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Penyas foi premiada pola novela gráfica coa que debutou, Estamos todas bien, unha narración que "recupera a memoria histórica a partir dunha historia familiar" e recupera "voces esquecidas".
DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN
Dende o 1979 a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) proclama o 16 de outubro como o día mundial da alimentación, coa finalidade de concienciar aos pobos do mundo sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza.
PREMIO PLANETA DE NOVELA, 2018
Santiago Posteguillo con "Yo, Julia" e Ayanta Barilli con Un mar violeta oscuro, gañador e finalista do LXVII Premio Planeta 2018.
Santiago Posteguillo, autor da triloxía de Trajano e a triloxía Africanus, entre outras, é filólogo e lingüista e actualmente é profesor da Universitat Jaume I de Castelló. Na novela premiada, a protagonista, de humildes orixes, manobrará hábilmente para conseguir os seus obxectivos. A historia está narrada a través de cinco personaxes, cunha multiplicidade de caracteres de gran costura psicolóxica.
Ayanta Barilli, a finalista, é coñecida por ser a presentadora e a directora dos programas “ EsAmor” e “ EsSexo” que se emiten en EsRadio. Tamén traballou como actriz en varias películas e obras de teatro. En canto ao mundo dos libros, participou nalgúns programas literarios dirixidos por Sánchez Dragó e traballou como crítica de libros e de obras de teatro.
Un mar violeta escuro é unha historia de loita, superación e supervivencia de tres xeracións de mulleres dunha mesma familia, ás que unha figura masculina aboca á tolemia.
Un mar violeta escuro é unha historia de loita, superación e supervivencia de tres xeracións de mulleres dunha mesma familia, ás que unha figura masculina aboca á tolemia.
10 de out. de 2018
SÍNDROME DE ASPERGER
Unha marabillosa película para entender como viven e senten as persoas con síndrome de Asperger.
Esta magnífica película conta unha conmovedora historia baseada en feitos reais dun corentón con Síndrome de Asperger e unha nena de 8 anos.
A Síndrome de Asperger é un trastorno catalogado por moitos dos que o sofren como unha simple forma de ser da que aínda queda moito por coñecer. Entre as desvantaxes principais deste trastorno de conduta atópanse as dificultades na interacción social, a comunicación e a expresión de sentimentos e a escasa empatía que os afectados sofren e como consecuencia diso, senten rexeitados, incomprendidos pola sociedade e, mesmo, sós.
CERVANTES CHICO, 2018
O 11 de xullo de 2018 reuniuse o xurado do Premio Cervantes Chico e acordou outorgar este galardón na súa XXII edición a Mónica Rodríguez Suárez.
É licenciada en Ciencias Físicas, especializada en Enerxía Nuclear. En 1994 comezou a traballar no Centro de Investigacións Ciemat do Ministerio de Ciencia e Innovación, onde compaxinaba o seu traballo coa escritura. En 2008, cando decide dedicarse de maneira total á literatura infantil e xuvenil; onde recibe varios galardóns.
9 de out. de 2018
POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR
Este é o lema deste curso 2018-19 para os materiais que a Consellería de CEOU edita para a Biblioteca escolar.
Buscamos descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar.
Nesta ocasión foi Nuria Díaz a creadora que o interpreta.
PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS DAS LETRAS, 2018
Coñecemos a premiada no ámbito das letras dende maio, Frederique Audoin-Rouzeu, que publica baixo o seudónimo Fred Vargas, pero será na segunda quincena de outubro cando teña lugar a cerimonia de entrega dos Premios Princesa de Asturias 2018.
"Na súa obra narrativa destaca a orixinalidade das súas tramas, a ironía coa que describe aos seus personaxes, a profunda carga cultural e a desbordante imaxinación, que abre aos lector horizontes literarios inéditos", sinala o xurado.
Arqueóloga e historiadora de formación, publicou varios ensaios científicos co seu nome e, como Fred Vargas, unha vintena de novelas de xénero negro das que doce están protagonizadas polo comisario Adamsberg, a última delas Cuando sale la reclusa (2017).
3 de out. de 2018
2 de out. de 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)