Para conmemorar o día do libro, en "Días de Cine" de RTV2 emitiron unha reportaxe con escenas de películas nas que aparecen os libros e a lectura.
30 de abr. de 2013
¡ASÍ CALCULAMOS NO MEU COLE!
Así calculamos no meu cole! é a proposta TIC, en matemáticas, do CEIP Blas Infante de Lebrija, coordinado por Juan García Moreno.
PENTATONIX; A HISTORIA DA MÚSICA EN 4 MINUTOS
O grupo Pentatonix repasa, a capela, toda a historia da música.
Os temas que interpretan son:
- S. XI: "Salve Regina"
- S. XVI: "Canon in D" - Pachelbel
- S. XIX: "Symphony No. 5" - Beethoven
- Os anos 10: "Danny Boy" - Frederic Weatherly
- Os anos 20: "Old Man River" - Jerome Kern & Oscar Hammerstein II
- Os anos 30: "Minnie The Moocher" - Cab Calloway
- Os anos 40: "Boogie Woogie Bugle Boy" - The Andrew Sisters
- Os anos 50: "I Walk The Line" - Johnny Cash e "La Bamba" - Ritchie Valens
- Os anos 60: "Stand By Me" - Ben E King; "Barbara Ann" - Beach Boys; "I Want To Hold Your Hand" - The Beatles e "Respect" - Aretha Franklin
- Os anos 70: "ABC" - Jackson 5 e "Bohemian Rhapsody" - Queen
- Os anos 80: "Celebration" - Kool & The Gang; "Don't Stop Believin'" - Journey e "Thriller" - Michael Jackson
- Os anos 90: "Can't Touch This" - MC Hammer; "...Baby One More Time" - Britney Spears; "Say My Name" - Destiny's Child e "I Want It That Way" - The Backstreet Boys
- Os 2000: "Hey Ya!" - Outkast; "Drop it Like Its Hot" - Snoop Dogg; "Crazy" - Gnarls Barkley; "Hips Don't Lie" - Shakira; "Single Ladies" - Beyoncé; "I Kissed A Girl" - Katy Perry; "Bad Romance" - Lady Gaga e "I Gotta Feelin" - Black Eyed Peas
- O 2010: "Baby" - Justin Bieber; "We Found Love" - Rihanna; "Some Nights" - Fun; "Somebody That I Used To Know" - Gotye; "Gangnam Style" - Psy e "Call Me Maybe" - Carly Rae Jepsen.
29 de abr. de 2013
GOOGLE ART PROJECT: MUSEO DE ARTE VIRTUAL
Google Art Project é un museo de arte virtual co que explorar algún dos mellores museos do mundo, sen saír do pupitre.
Máis de 30.000 obras de arte de 151 museos, de 40 países diferentes. Entre outros o Raíña Sofía, o Thyssen-Bornemisza, o Museo Nacional de Arte de Cataluña… Os grandes ausentes que decidiron quedar á marxe deste proxecto son o Museo do Prado e o Louvre.
Dende o blog de TotemGuard, ofrécennos 10 actividades educativas para integrar Google Art Project na aula. Pensando especialmente no uso desta ferramenta nas aulas, encontraremos actividades orixianis para sacarlle partido.
SUMON, XOGO DE CÁLCULO MENTAL
LINGUA CASTELÁ
A Xunta de Castilla y León crea esta ferramenta para mellorar os coñecementos gramaticais e ortográficos da Lingua Castelá.
Recomendamos tamén o blog "Qué hacer con la lengua", con ideas, propostas e materiais para profesores desta disciplina.
24 de abr. de 2013
LIBRO DIXITAL
Tierra de lectores ofrécenos un enlace no que podemos conseguir unha colección de máis de 500 libros dixitais.
A maioría están en formato ePub para lectores electrónicos, se se desexan ler en ordenador ou convertelos a outro formato, tamén se pode descargar gratuítamente Calibre.
PINACOTECA VIRTUAL
Mystudios.com é unha galería de 5.000 pintores e máis de 100.000 pinturas. É como ter un xigantesco catálogo de pintura para gardar e mirar cando se desexe.
23 de abr. de 2013
22 de abr. de 2013
O CORPO HUMANO
Dous recursos multimedia, deseñados pola editorial Voluntad:
- Fisiología del Cuerpo Humano: ofrece 10 xogos interactivos sobre o sistema dixestivo, nervioso, excretor, respiratorio, endocrino, muscular, inmunolóxico, óseo, circulatorio e reprodutor.
- El cuerpo humano: recurso no que os estudantes poden identificar os distintos sistemas do corpo humano e aprender o seu funcionamento.
Fonte: EnTICConfio
20 de abr. de 2013
PARA INGLÉS
KIDEOS é unha web de debuxos animados e películas de Disney en inglés (aínda que tamén en español). É moi fácil de manexar e cataloga os vídeos segundo franxas de idade, dende Pocoyo ata Hello Kitty ou Las tres mellizas.
Vocabulario: para traballar cores, números, formas, animais, escola, corpo... con actividades.
GRANDES OBRAS CUN SÓ TRAZO EN ESPIRAL
Chan Hwee Chong, nunha campaña publicitaria de Faber Castell, realizou tres grandes obras da pintura nun só trazo en espiral.
CALIGRAFÍA
mclibre.org ofrécenos un xerador online de actividades de caligrafía excelente.
Cun sinxelo formulario pódense crear follas de exercicios de copia caligráfica en formato pdf. Ademais, podemos modificar o tipo de letra (normal ou puntuada), o número de liñas por páxina, o tipo de pauta...
18 de abr. de 2013
MARCAPÁXINAS ROSALÍA
Para complementar a exposición sobre Rosalía que teremos polo día do libro, o noso compañeiro Xabier (Lingua Galega) deseñou este marcapáxinas, personalizado co logo da biblioteca. Repartirémolo co empréstito.
Desexamos que vos guste, a nós moito.
17 de abr. de 2013
ABRIL, MES DOS LIBROS: "LER PARA VIVIR"
Abril é o mes dos libros por dúas datas significativas:
- 2 de abril: Día Internacional do libro Infantil, data na que se lembra o nacemento de Hans Christian Andersen.
- 23 de abril: Día Internacional do Libro e os Dereitos de Autor.
Coma en anos anteriores, Bibliotecas escolares agasállanos con este marcapáxinas con texto orixinal de Paula Carballeira. Pódese descargar aquí.
E nós celebrámolo:
- Cos apadriñamentos lectores, nos que rapaces de cursos superiores acompañan na lectura aos máis pequenos.
- Recordando os 150 anos da publicación de Cantares Gallegos:
Outras actividades:
- Na exposición sobre a autora, Rosalía de Castro, e a súa obra. Guía didáctica.
- Cun marcapáxinas deseñado por Xabier (Lingua Galega) que se repartirá no empréstito.
Concurso da biblioteca de ESO no que deberedes identificar os autores que se agochan tralas caricaturas. Teredes pistas para facelo.
Adiviña quen son, (CEIP Andrade)
Actividade LIM sobre Hans Christian Andersen, (CEIP Mestres Goldar)
Webquest empregando LIM sobre Hans Christian Andersen, para 3º ciclo de primaria
(CEIP Frian Teis)
Webquest para 2º e 3º ciclo de Primaria, (Ceip Los Campanales)
Procura do tesouro, Ceip Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras
Procura do tesouro, Ceip Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras
LOS DEL 97, "ABECEDARIO TEMÁTICO"
Abecedario temático de lectura y escritura
Preparando el día del libro, seleccionaremos el léxico relacionado con la lectura y escritura, en orden alfabético.16 de abr. de 2013
XOGOS POPULARES
A través de Lecturo Literaturo (Blog da biblioteca do CPI Progreso de Catoira) coñecemos Enredamos, Xogos populares. Un blog onde se recompilan xogos de onte, de hoxe e de sempre.
MIGUELANXO PRADO, PARABÉNS
O seu traballo impúxose aos outros nove finalistas, entre os que estaba o tamén galego David Rubín. Prado xa obtivera premios á mellor obra no Saló con Trazo de xiz e A mansión dos Pampín.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)