Atentos!
Os clubs de lectura están a piques de comezar a falar. Este ano coa novidade dun club de adultos. Preguntade se vos interesa.
Nos clubs de lectura de 1º, transforman A velliña Vella, de Risco, nunha banda deseñada.
Os alumnos do club de lectura fixeron o fin de festa no Fornelos Wake CLub, con actividades de aventura. A pesar de que o día estivo frío, as ganas de pasalo ben e de compartir unha xornada diferente puideron máis que as baixas temperaturas.
Os de Muchachada lectora xa están organizados.
Se algún se despistou aínda está a tempo. Preguntade na biblioteca ou a calquera profe, se estades interesados.Non sei se sabedes que, xunto co club de lectura, temos un club de cómic, ben activo todos os recreos da semana, na aula de Plástica con Ángel.
Empezamos a ver as súas producións.
O 26 de maio unha excursión pechou a actividade deste curso. Pinchade na imaxe.