30 de nov. de 2020
CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2021
A Secretaría Xeral de Cultura presentou o novo calendario 2021 coas datas máis salientables arredor do libro e a lectura.
28 de nov. de 2020
SAMAÍN, 2020
Como non podía ser doutro xeito, Elena, en dous días, preparou un Samaín de luxo: decoración do centro, disfraces, festa holi e ata un túnel do terror. As colas que se organizaron para morrer de medo, amosan o éxito da xornada.
Haberá que repetir!!!!
26 de nov. de 2020
Comezamos!
A Biblioteca de Infantil e Primaria do CPI da Cañiza xa está dispoñible para todos/as vós! Este ano dunha maneira un pouco diferente, pero sempre con gañas e ilusión para que poidades desfrutar das vosas lecturas favoritas. Unhas caixas con libros percorrerán as vosas clases durante unha tempada para achegarvos a maxia da biblioteca.
Para máis información, premede nesta imaxe e mirade o vídeo!