29 de nov. de 2012
PREMIO CERVANTES 2012
José Manuel Caballero Bonald, Premio Cervantes 2012.
Precisamente cando publica o que di será o seu último libro: Entreguerras (Seix Barral), o poeta e ensaista recibe o galardón máis importante das letras en español.
26 de nov. de 2012
PASAPORTE DE LECTURA
"Para viajar lejos, no hay mejor nave que un libro"
Emily Dickinson (1830-1886)
Ler é unha forma de viaxar e para facelo precisamos un pasaporte; presentámosvos aquí o novo pasaporte de lectura da Biblioteca.Unha vez cuberto entrégao na Biblioteca (data límite finais de maio). Entregaráselle un premio ao mellor elaborado.
Anímate e participa!
Solicita o teu na biblio!
22 de nov. de 2012
ALFIN - ALFABETIZACIÓN INFORMACIONAL
Desde o IES Pedras Rubias, de Salceda de Caselas (Pontevedra), achégannos un excelente
material para traballar a competencia informacional co alumnado, froito dun
Grupo de Traballo que se desenvolveu no centro ao longo do curso 2011/2012.
20 de nov. de 2012
TÉCNICAS DE ESTUDO
Poñemos ao teu alcance as claves para estudar de forma eficaz e
eficiente, sacando o máximo partido dos recursos cos que contas.
Entra aquí
19 de nov. de 2012
CONCURSO: TAL COMO ERAMOS!!!
O reto consiste en adiviñar:
Aquí está o primeiro reto:
- Quen se agocha na foto que vos ofrecemos? Alguén do cole que, por suposto, coñecedes.
- De que libro falamos?
Aquí está o primeiro reto:
13 de nov. de 2012
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O día 25 de novembro celébrase o día internacional contra a violencia de xénero, aprobado pola asemblea xeral das Nacións Unidas.
A data foi elixida como conmemoración do brutal asasinato en 1961 das tres irmás Mirabal, activistas políticas da República Dominicana, por orde do gobernante dominicano Rafael Trujillo.
Segundo as Nacións Unidas, a violencia contra a muller queda definida como:
Segundo as Nacións Unidas, a violencia contra a muller queda definida como:
"Todo acto de violencia baseado no xénero que ten como resultado posible ou real un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluída as ameazas, a coerción ou a prohibición arbitraria da liberdade, xa sexa que aconteza na vía pública ou na vía privada".
11 de nov. de 2012
4 de nov. de 2012
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)