Amosando publicacións coa etiqueta Ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ciencia. Amosar todas as publicacións

13 marzo 2026

DÍA INTERNACIONAL DAS MATES, DÍA DO NÚMERO PI

Este curso, conmemoramos o día no centro con diversas actividades:
  • Proxeccións de vídeos sobre o número pi.
  • Experimento con número pi.
  • Outro número importante: o phi.

  • Tamén aproveitamos para responder a esa pregunta constante da rapazada de "para que valen as mates?", da man do matemático e divulgador Eduardo Sáenz de Cabezón.

25 xaneiro 2023

CALENDARIO CIENTÍFICO ESCOLAR, 2023

Xa para descargar, o científico escolar da FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología).

O calendario acompáñase dunha guía didáctica con orientacións para o seu aproveitamento educativo transversal nas aulas.

Para descargalo, pinchade na imaxe.

11 xaneiro 2022

CALENDARIO CIENTÍFICO, 2022

E un novo calendario para descargar, o científico escolar da FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología).
O calendario acompáñase dunha guía didáctica con orientacións para o seu aproveitamento educativo transversal nas aulas.
Para descargalo, pinchade na imaxe.

08 febreiro 2021

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, 11 FEBREIRO

O movemento #NoMoreMatildas, apoiado por importantes escritoras, científicas, institucións e medios de comunicación, denuncia un fenómeno, conocido como Efecto Matilda, que priva á sociedade de referentes femininos na ciencia.
Esta campaña, iniciada pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT), publica un anexo para os libros de texto e tres biografías imaxinarias de Einstein, Fleming e Schrödinger,  coas que reivindica unha maior presenza das científicas e as súas achegas nos libros de texto escolares.

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, 11 FEBREIRO

Para participar na nosa proposta, pincha na imaxe para saber máis.

07 xaneiro 2021

2021

Para avanzar polo 2021, tres calendarios que podedes descargar.

O científico do CSIC

O ortográfico de Don Pardino.


editado pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo que este ano fau protagonista ao alumnado galegofalante.

11 marzo 2020

MULLERES CIENTÍFICAS




Para reivindicar o papel que tivo e que ten a muller na Ciencia, o alumnado de 3º da ESO fixo unha investigación sobre os descubrimentos e aportacións de diferentes científicas.

Estes son algúns exemplos dos traballos que fixeron:









18 febreiro 2020

PLAN PROXECTA DONAS DE SI - MAGO RICHARD

O CPI da Cañiza recibiu a visita do Mago Richard e o seu espectáculo de maxia e divulgación científica TECNOIGUAIS, onde os alumnos de 3º e 4º da ESO fixeron unha viaxe polas diferentes épocas e puxeron en valor a igualdade na ciencia e na tecnoloxía.
Ao longo do espectáculo viaxaron a través de diferentes tempos e percatáronse das achegas de diversas científicas e científicos da nosa sociedade. Coñeceron e reinvindicaron o papel das mulleres na ciencia, e falaron de mulleres relevantes dentro do ámbito científico, destacando o papel das mulleres galegas na ciencia, como Ángela Ruiz Robles, precursora do libro electrónico.
A través dos diferentes trucos de maxia fixeron un percorrido por inventos e aportacións feitas por mulleres e tomaron conciencia da igualdade.
https://photos.app.goo.gl/dELC6UxxnH1DEjSh7
Pincha na foto para ver máis