O 26 de maio unha excursión pechou a actividade deste curso. Pinchade na imaxe.
30 de maio de 2023
LETRAS GALEGAS EN MÚSICA
Esqueciamos publicar a actividade, que en Música, tiveron para conmemorar o día. Dirixido por Ruta, o coro de alumnos e profesores cantou a canción tradicional "O Jai Jai".
22 de maio de 2023
SON DA ESO: DÁME LERIA, 4
María Teresa e Fina (avoa e tía avoa de Iria FG, 4º B) acompáñannos neste especial polo Día das Letras Galegas.
ACTIVIDADES FORMATIVAS DO CONCELLO
Difundimos dúas actividades formativas que se desenvolverán nas vindeiras semanas e que están incluidas no proxecto municipal "HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES E PREVENCIÓN DE CONSUMO DE DROGODEPENDENZAS".
Van dirixidos a toda a comunidade, prioritariamente as familias dos concellos de A Cañiza, Crecente, Arbo e Melón.
21 de maio de 2023
17 de maio de 2023
CELANOVA
Como cada curso, Ruta leva ao alumnado de 4º a Celanova, ao concerto didáctico de órgano. Aproveitan para visitar o mosteiro de San Miguel, a biblioteca do IES, a casa dos poetas e Vilanova dos Infantes.
Podedes velos e... ata escoitalos cantar se picades na foto. Uns artistas.
15 de maio de 2023
AS LETRAS GALEGAS EN INFANTIL E PRIMARIA
Dirixidos pola profesora de Música, todo Infantil e Primaria do CCPI da Cañiza conmemora as nosas letras.
Así me gusta, dándoo todo!!!!!!
13 de maio de 2023
A PALABRA DO CURSO EN ITI
Os de ITI tamén quixemos participar neste concurso que organiza Dinamización Lingüística. Despois dunha primeira fase de debate, a palabra que segundo eles recollía o sentir do curso era PESCUDA. O segundo paso foi crear, con PESCUDA, un deseño para a porta de Informática e aquí temos as propostas. Terminamos coa realización, entre todos, da opción máis votada que foi a de Sam Robert e Daniel GIráldez de 2º B.
Na primeira foto podemos velos coa obra xa rematada.
10 de maio de 2023
A PALABRA DO CURSO, 2023
Aínda que fóra do concurso, esta é aportación da biblioteca á actividade de Dinamizacíón polo día das Letras.
6 de maio de 2023
EXPOSICIÓN LETRAS GALEGAS, 2023
Xa está montada a exposición sobre as Letras galegas e un cuestionario para percorrela ou unha guía didáctica.
Temos, ademais, moitos recursos para conmemorar o día.
5 de maio de 2023
VISÍTANOS 6º DE PRIMARIA
O alumnado de 6º de Arbo, Valeixe, Crecente e de aquí da Cañiza, vén de visita e aproveitaremos a xornada para que coñeza o profesorado e as instalacións do centro. Convertiremos en guías aos antigos compañeiros e levarán un pequeniño agasallo que preparamos especialmente para eles.
Queremos que desexen que comece o curso en setembro!!!!!
3 de maio de 2023
ENFIANDO VERSOS I, GAÑADORES
Tivemos hoxe a fase final.
FINALISTAS E XURADO |
- Na categoría de alumnado de 1º e 2º da ESO: Iago González Alonso, 2º D.
- Na categoría de alumnado de 3º e 4º da ESO: Iria Fernández Giráldez, 4º B.
Etiquetas:
22-23,
Concurso,
Día Libro,
Día poesía,
Dinamización Lingüística,
Enfiando Versos,
Extraescolares,
Lingua Castelá,
Lingua Francesa,
Lingua Galega,
Lingua Inglesa
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)