Amosando publicacións coa etiqueta TIC. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TIC. Amosar todas as publicacións

08 febreiro 2023

PLAN DIRECTOR

De novo, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado imparten no centro unhas charlas dentro do programa "Plan Director para la convivencia y la Mejora de la Seguridad en los Centros Educativos y sus Entornos".

E son ben relevantes os distintos aspectos que tratan: acoso escolar, riscos asociados ao uso das redes, consumo de estupefacientes e alcol, violencia nos centros escolares.... entre outros.







26 abril 2022

INNOVANDO CON MANUEL

Durante a Xornada de hoxe tivo lugar unha exhibición dos Polos creativos en Santiago. A ela acudiron 9 alumnos de Primaria co profe Manuel para amosar o seu horto.
Estamos orgullosos!!!!!!!!!!!



Pica nas fotos para entrar na galería e ver máis fotos e vídeos.

22 abril 2022

11 F, DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA, 2022

Para incorporar no programa Donas de si e conmemorando o día Internacional das Nenas e as Tecnoloxías da Información e a Comunicación, o alumnado de 4º da ESO na materia de TIC fixo unhas infografías, a continuación algúns exemplos.

Pica na imaxe para ver máis.

07 xaneiro 2022

A IMPORTANCIA DA PRIVACIDADE

Extrema os coidados e ollo co que publicas nas redes. Non te deixes enganar polas aparencias; detrás dun perfil social, pode esconderse calquera. Descobre máis.

15 decembro 2021

XINCANA DE NADAL, 2021

Xa temos os carteis que o alumnado de 4º creou con Natalia en TIC, animándonos a participar.
Estaredes xa anotados, non si?




09 marzo 2021

O 11F E 8M EN PROGRAMACIÓN DE 1º DA ESO

Os estudantes de 1º realizaron este mes uns traballos sobre a Muller na Ciencia nas clases de programación.

Esta é unha selección dalgúns programas que fixeron.

Marola, 1ºESO A - HEDY LAMARR, A INVENTORA DA WIFI

   

 Mauro, 1º ESO A - IRÈNE JOLIOT-CURIE, PREMIO NOBEL DE QUÍMICA 1935

Marta Gil, 1º ESO B -  ÁNGELES ALVARIÑO, PIONEIRA GALEGA NAS CIENCIAS DO MAR

Eyre, 1º ESO B - MARÍA MARTINÓN, PALEONTÓLOGA

Verónica, 1º ESO C - MARGARET HAMILTON, A CONQUISTA DO ESPACIO

Aroa, 1º ESO C - FELISA MARTÍN BRAVO, A PRIMEIRA METEORÓLOGA ESPAÑOLA

25 abril 2020

ENQUISA AO ALUMNADO DO CPI A CAÑIZA: RECURSOS TECNOLÓXICOS

Prezado alumnado e familias: desexamos que esteades ben. 
Esta é unha enquisa que precisamos que contestedes para que os/as profesores/as saibamos mellor con que recursos contades na casa para as nosas clases virtuais. Os resultados desta enquisa son confidenciais e só se van empregar para adaptar as clases.
Pedímosvos que respondades o antes posible e que sexades sinceras/os nas vosas respostas, non hai respostas boas nin malas! Se tendes algunha dúbida acerca da enquisa podedes enviala a: cpi.dacaniza@edu.xunta.gal Grazas!
PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER A ENQUISA

08 setembro 2016

BOOKTUBERS

Un booktuber, a través dos seus vídeos, comparte a súa afección e paixón pola lectura con críticas e opinións sobre libros nunha linguaxe amena e informal.
Así, coa suma de lectura, tecnoloxía, medios sociais e creatividade o resultado é o seguinte:

19 xuño 2013

LEME

Onte, desde o Consello da Cultura Galega, presentouse LEME, unha nova aplicación gratuíta e aberta para ipad e iphone (no outono tamén para android) orientada á descuberta dos equipamentos e recursos culturais galegos.

20 maio 2013

CHIQUITUBE

ChiquiTube é unha plataforma de vídeos extraídos de Youtube dirixida ao público infantil (0 a 5 anos). Os vídeos, previamente filtrados, inclúen só contidos educativos, pedagóxicos e lúdicos para os máis pequenos.
















17 maio 2013

17 DE MAIO, DÍA INTERNACIONAL DE INTERNET

Con motivo da celebración do Día Internacional de Internet, Google resume, nun vídeo ilustrativo, a historia da programación e de Internet, dende os inicios ata o momento actual.

14 maio 2013

FÍSICA E QUÍMICA INTERACTIVA

Claudia García Martinez y Antonio Morillo Nieto manteñen este espazo con contidos de Física e Química de 3º da ESO.
Os temas que abordan son diversos: o método científico, a medida, a clasificación da materia, o átomo, as reaccións químicas...

APP GRATUÍTA DE CONTA CONTOS

Canal Lector ofrece unha aplicación gratuíta para móviles: Decuento, 30 vídeo-relatos que se poden disfrutar cunha tableta ou un smatphone.

03 maio 2013

NOVAS TECNOLOXÍAS E SEGURIDADE

Cando a tecnoloxía é parte do día a día, debemos aproveitar as posibilidades que nos ofrece, sendo tamén conscientes dos riscos que pode entrañar.
Por isto, a Obra Social de Caja Madrid, xunto co Defensor do Menor desa Comunidade e a Fundación Gaudium, elaboraron unha serie de guías para o uso seguro tanto de internet, como dos videoxogos e os móviles.
E aínda máis, un vídeo sobre o tema: