O venres 24 de abril, como actividade de remate da nosa participación na modalidade 3 do programa "Voluntariado de lectura - A", os alumnos participantes, rapaces e rapazas de sexto de primaria, representaron, na residencia da terceira idade "Santa Teresa" da Cañiza, a obra "Mais alá dos contos" adaptada e traducida da obra orixinal de Nicasi Camps i Pinós.
A obra foi representada en dous actos e no intermedio os alumnos cantaron a canción "Ho Hey" do grupo The Lumineers. Ao remate, rapaces mestres e ancianos acabaron bailando nun animado fin de festa no que os ancianos foron agasallados polos rapaces cun pequeno obsequio e os rapaces tamén recibiron un obsequio de parte da residencia.
O proceso foi coordinado pola encargada da biblioteca de infantil e primaria Nieves Torres Calvo. Os ensaios foron dirixidos polos mestres Nieves Torres Calvo, Soraya
García Oroña, Eva
Mª López García, Francisco
Javier Souto Lamas e Iria Bordas Vidal.
A Canción "Ho Hey" foi preparada por Ana Mª Rodríguez-Hermida Montes, mestra de Música e Francisco Javier Souto Lamas, de Inglés.
A dirección artística correu a cargo de Javier López Muñoz, mestre titor de 3º curso.
Queremos agradecer aos traballadores da residencia a súa dispoñibilidade, colaboración e amabilidade.
Moitas grazas a todos!