A biblioteca do IES Pazo da Mercé comparte con nós algúns enlaces matemáticos con actividades lúdicas: xadrez, sudokus, ilusións ópticas, pasatempos... e tamén algúns videos e libros en PDF.
24 de feb. de 2015
AS MATEMÁTICAS IMPORTAN
Traballo de Clara Domínguez Sendín (4ºB) sobre Ada Lovelace.
Persoa clave no mundo da informática.
Persoa clave no mundo da informática.
Traballo de Camila Piñeyro Irrazábal (4º A) sobre Alan Turing.
De recente actualidade pola película The Imitation Game (Descifrando Enigmas).
GOOGLE TAMÉN É ROSALÍA
Hoxe día 24 de febreiro, cando fai 178 anos do nacemento de Rosalía de Castro, o poema "Adiós ríos, adiós fontes", a imaxe da autora e o logotipo de Google cun escudo de Galiza, conforman o doodle que Google dedica a Rosalía no seu aniversario.
19 de feb. de 2015
REPORTAXE FOTOGRÁFICA ENTROIDO 2015
ENTROIDO 2015-II
ENTROIDO 2015-III
ENTROIDO 2015-IV
ENTROIDO 2015-V
SESIÓN DE CHAPA E PINTURA
Alexandra e Andrea de 3º B en pleno proceso para convertirse en Catrina.
Por fin, o resultado final co grupo completo: Alexandra, Andrea e Verónica de 3º B e Xena de 3º A
MASTER CHEF NO COLEXIO?
O alumnado de Atención Educativa de 1º A participou no concurso de sobremesas cunha torta de oblea e chocolate deliciosa.
Algúns estivemos presentes na súa elaboración na cafetería.
Estará entre nós o próximo Master chef Junior? Oxalá.
Estará entre nós o próximo Master chef Junior? Oxalá.
18 de feb. de 2015
15 de feb. de 2015
O GRAN SEGREDO
3ª fase (segunda quincena de febreiro)
Xa que as pistas ata o de agora foron insuficientes, velaquí a última oportunidade:
- Orixinariamente foi coñecido como Chaturanga, que significa entre catro e fai alusión ás catro armas do exército indio: cabalos, carros, elefantes e infantería. Ao pasar a Occidente, transformáronse nos obxectos cos que se xoga na actualidade.
- Difundiuse rapidamente polas rutas comerciais, chegando primeiro a Persia, despois ao Imperio Bizantino.
- O mundo árabe acolleuno cun entusiasmo sen igual, estudando e analizando en profundidade os mecanismos do xogo, e escribindo numerosos tratados sobre el. Así chegou a Europa, entre os anos 700 e 900.
- En España, o xogo foi introducido co nome de “Shatrany”, que deu lugar ao termo español co que o coñecemos na actualidade.
- Escribíronse moitas novelas nas que o xogo desenvolve un rol moi importante no argumento. Na nosa biblioteca, hai un libro no que unha nena de moita imaxinación, xoga unha desatinada partida, na que ao final, resulta vencedora.
12 de feb. de 2015
11 de feb. de 2015
SAN VALENTÍN 2015
Como sabedes, este ano o San Valentín mestúrase co noso entroido terrorífico, o que explica este esquelético namorado.
Animámosvos a escribir as vosas cartas e depositalas nas caixas que tedes no vestíbulo. O día 13 farase o reparto por aulas.
10 de feb. de 2015
ENTROIDO 2015
Mouchos, fantasmas, esqueletos, tumbas... invadiron o cole. A profe Elena (PT) ambientou a zona; será que a temática para o entroido é o terror?
4 de feb. de 2015
DÍA DA PAZ E MERCADIÑO SOLIDARIO
Un ano mais, coincidindo co Día da Paz, celebramos o noso Mercadiño Solidario para colaborar coas familias mais necesitadas do concello.
O alumnado de educación infantil e primaria confeccionou marcapáxinas, portavasos, libretiñas, broches, pulseiras, chapas, colgantes... que podían ser trocados por un kilo de alimentos.
O alumnado de secundaria tamén participou no mercadiño con obxectos variados que tiveron moita aceptación
É de destacar a aportación dalgunhas familias que fixeron uns deliciosos postres que tamén se podían trocar.
A pesar do mal tempo, realmente terrible, a convocatoria foi, como sempre, un éxito, as familias da Cañiza volcáronse na campaña e recolléronse varios centos de kilos de alimentos.
|
2 de feb. de 2015
1 de feb. de 2015
O GRAN SEGREDO
2ª fase (primeira quincena de febreiro)
Dado que as pistas sobre o libro non foron suficientes, agora estendémonos algo máis:
- É tan antigo como a civilización. En escavacións efectuadas en Mesopotamia atopáronse obxectos dun xogo similar
- Algúns autores sitúan a súa orixe na India, máis concretamente no Val do Indo, e data do século VI d.C. Sinalan a SUSA BEN DAHIR o HINDI coma o seu inventor segundo o seguinte relato:
"Estaba enfermo certo rei da India, e a obsesión pola súa enfermidade apoderárase del. Os médicos prescribíronlle que tratara de esquecer esa idea por medio dun pasatempo agradable. Decidiuse ver de distraer ao rei cun xogo. Cando o inventor llo presentou, este púxose moi ledo, e deixou de teimar por fin. O remedio foi tan eficaz, que cheo de entusiasmo, o monarca permitiulle pedir ao inventor calquera recompensa que se lle ocorrese.
O enxeñoso inventor, pediu entón que se lle dera unha moeda de ouro pola primeira casiña do taboleiro, dúas pola segunda, catro pola terceira...e así sucesivamente, de tal xeito que a cantidade de moedas, fose duplicándose de casiña en casiña.
Dado que o rei non era moi bo en matemáticas, pareceulle un desexo doado de compracer, e ordenou que se lle pagara. Mais á hora de facer as contas, viuse que o prezo era inacadable, pois a cantidade de moedas de ouro era 18.446.744.073.709.551.615."
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)