LECTURA DIXITAL

Esta é a plataforma: http://bega-elbe2.edu.xunta.es/opac/
Como de momento é un proxecto piloto, experimental, só terán acceso a ela un grupiño de alumnos (de 6º de primaria e de club de lectura de 3º e 4º) e un grupiño de profesores.
Para acceder, haberá que clicar en conta, onde piden:
  • Identificación: a conta de correo.
  • Chave de acceso: a que vos enviaron dende biblioteca ao voso correo.
Todos os do cole, alumnos e profes, temos o mesmo contrasinal de acceso; polo tanto piden que o personalicemos. Estas son as indicacións:
Para realizar esta acción deberá acceder cos datos que se facilitan e premer sobre a icona de "Conta" que está accesible desde a parte superior dereita e acceder á sección "Datos Lector". Tamén se pode acceder directamente aos "Datos Lector" premendo sobre o nome do usuario (nome e apelidos) que aparece na parte dereita da barra de información.
Unha vez accedamos á plataforma, podemos realizar o préstamo e poderemos:
  • Lelo nun dispositivo móbil (smartphone ou tablet), para o que haberá que ter instalada no mesmo a App Bega-elbe2. 
  • Lelo no computador persoal a través da Windows App (bega-elbe2) dispoñible en Microsoft Store (gratuíta) ou descargalo nun lector de libros electrónicos (eReader). 
  • Lelo online no navegador (smartphone, tablet, PC...) desde o lector online Nubereader.

Ningún comentario:

Publicar un comentario