Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas da man de Xisco Feijóo, nunha xornada chea de música, ritmo e tradición.
Fixemos percusión e tamén tivemos tempo para bailar e gozar das nosas raíces dunha maneira divertida e participativa.

Celebramos as Letras con intensidade: obradoiros de coplas e baile, actuacións de coro, pandereteiras e moita troula.
Grazas Artur Puga e ACS Sta Cristina de Valeixe polo voso acompañamento e, sobre todo, grazas a profesorado e alumnado pola participación activa. Cando organizabamos o fiadeiro, nin imaxinabamos que se puidese producir un momento como este, no que todo o centro bailaba no patio ao son da música tradicional.
Estamos dispostos a repetir! E vós?
Como este ano 2025, o día das Letras Galegas estará dedicado ás Cantareiras e á poesía popular oral, Elvira Roiz, profesora do IES Concepción Arenal (Ferrol) realizou esta marabillosa presentación sobre estas figuras da nosa cultura.
A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral.
Luísa Villalta foi a autora elixida, pola Real Academia Galega, para dedicarlle o Día das Letras 2024.
Esqueciamos publicar a actividade, que en Música, tiveron para conmemorar o día. Dirixido por Ruta, o coro de alumnos e profesores cantou a canción tradicional "O Jai Jai".