Amosando publicacións coa etiqueta Imaxes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Imaxes. Amosar todas as publicacións

25 novembro 2019

CÓNTALLO A VIOLETA

Xa se colgaron os lemas nas instalacións do cole e aquí unha pequena mostra. Pincha na imaxe para ver máis.

31 agosto 2018

XA AQUÍ

Queeeeeeeeee????????????
Non pode ser que as vacacións pasaran tan rápido... pero teremos que facernos á idea.

02 febreiro 2016

ENTROIDO 2016

A Coordinadora de equipos de dinamización e normalización lingüística celebra o entroido 2016 cunha recopilación de recursos.

E no CPI da Cañiza, a nosa Maléfica particular, que habitualmente se agocha no laboratorio, sae para animar ao entroido con este "photocall" deseñado por Elena, a profesora PT co seu alumnado.
O fío condutor nestes días será o mundo do cómic e dos superheroes; se queredes ideas pasade pola exposición que se organiza na biblioteca.
Animádevos a participar.

29 setembro 2014

PARABÉNS MAFALDA

Hoxe, 29 de setembro, Mafalda cumpre 50 anos. Cal será o mellor agasallo? Unha cunca de sopa?
E aquí a homenaxe que, a ela e a Quino, lle fai o debuxante Luís Davila coa súa "Mafaldora desbrosadora".

20 marzo 2014

A PRIMAVERA XA ESTÁ AQUÍ

Logo de meses de frío e chuvia, chega a estación con máis cores do ano.
E nós celebramos unha primavera especial; gústavos como florecen as nosas plantas?

21 febreiro 2014

ENTROIDO 2014

A coordinadora de equipos de dinamización e normalización lingüística celebra o entroido 2014 cunha recopilación de recursos.
Sempre nos poden inspirar.
Por certo, coñecedes a alguén nestas fotos?
No 2007
No 2010

















No 2013
 Que tocará este ano?

27 xaneiro 2014

DÍA DA ILUSTRACIÓN, 30 XANEIRO

Un ilustrador é un artista gráfico que complementa a comunicación escrita mediante representacións visuais; en máis dun sentido, trátase dun espléndido exemplo de colaboración entre palabra e imaxe. 
Os ilustradores son, entón, inmensos planetas de creatividade en torno aos que xiran outros asteroides como os libros, prensa, carteis, moda... 
Aquí temos algún exemplo de ilustración relacionada cos libros e coas lecturas; tamén preparamos un concurso para ese día, estade atentos.
Ilustración de Jon Reinfurt
Ilustración de Kim Parkhurst
Ilustración de Kim Parkhurst
Ilustración de Clothilde Stae
Ilustración de Anja Klauss

Ilustración de Daniel Montero Galán
Ilustración de Mila Marquis
Ilustración Nicoletta Ceccoli
Ilustración de victoria assanelli
Ilustración de Sören Kierkegaard
Ilustración de Lucía Cobo
Ilustración de Mónica Carretero
Ilustración de Marie Cardouat

Ilustración de Carol Heyer
Ilustración de Marie Desbons

27 novembro 2013

CORPO EN 3D

Human Body maps ofrécenos modelos 3D interactivos para a aprendizaxe da anatomía humana.
Mapas do corpo, masculino ou feminino, que permiten facer zoom en partes específicas ou velo como un todo, dende as capas máis superficiais como a pel, ata os sistemas reproductor, esquelético, circulatorio...