30 de abr. de 2020

28 de abr. de 2020

VÍDEO DO ALUMNADO DE 3ºA DE PRIMARIA


Bo día, chicas e chicos! O alumnado de 3ºA de Primaria envíanos un vídeo moi divertido onde saen facendo un pequeno videoclip. Moi bo traballo! Seguro que o pasaron xenial gravando. 



RETOS PARA UNHA VIDA SA

RETO 21
Cantas figuras eres capaz de facer?

27 de abr. de 2020

LER CÓMIC

A Colección Olé, lanzada por Editorial Bruguera, agasállanos con recopilatorios de Pepe Gotera y Otilio,  Zipi y Zape, El botones Sacarino, La familia Cebolleta,  Mortadelo y Filemón, Rompetechos, El botones Sacarino, Carpanta, 13 Rue del Percebe 2... e moitos máis.
   

MOITO QUE LER

Recollemos aquí unha variada colección de contos para os máis pequenos.



RETOS PARA UNHA VIDA SA

RETO 20
Comeza forte a semana con este circuíto de forza e resistencia.
Necesitas algo de material pero seguro que o terás na casa.

26 de abr. de 2020

O PAPAGAIO

O Papagaio, ao non poder saír á rúa, envíanos unha versión dixital en formato PDF para que poidades descargala e gozala na casa.

25 de abr. de 2020

ENQUISA AO ALUMNADO DO CPI A CAÑIZA: RECURSOS TECNOLÓXICOS

Prezado alumnado e familias: desexamos que esteades ben. 
Esta é unha enquisa que precisamos que contestedes para que os/as profesores/as saibamos mellor con que recursos contades na casa para as nosas clases virtuais. Os resultados desta enquisa son confidenciais e só se van empregar para adaptar as clases.
Pedímosvos que respondades o antes posible e que sexades sinceras/os nas vosas respostas, non hai respostas boas nin malas! Se tendes algunha dúbida acerca da enquisa podedes enviala a: cpi.dacaniza@edu.xunta.gal Grazas!
PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER A ENQUISA

24 de abr. de 2020

CUENTO PARA EL DESCONFINAMIENTO


CUENTO PARA EL DESCONFINAMIENTO

Ahora que van a dejar salir a los niños/as a la calle, compartimos este recurso de Carmen Esteban, por si os resulta de ayuda para ese momento.
Mucho ánimo a todos/as.


DÍA DO LIBRO - OS TÍTULOS FAN HISTORIAS

Respondendo ao noso convite, xa podemos ver algunha creación do noso alumnado.







SEGUIMOS A RECIBIR COUSAS DENDE AS CASAS!!

Bo día, chicas e chicos. Como estades?


Seguimos recollendo actividades e traballos que nos mandades dende as vosas casas.


Estes días tivemos un aniversario. A Iria, de 4º de Primaria, tocoulle celebrar un cumple diferente este ano, pero seguro que o pasou xenial igualmente. Parabéns, Iria! Gardámosche o tirón de orellas para cando volvamos ao cole! 




Vouvos a ensinar un vídeo moi chulo que nos manda Lucía, de 5º de Primaria, e que fixo con súa nai. Unha pasada! Noraboa por ese traballo!





E, seguindo cos vídeos, Lois, de 4º de Primaria, mándonos un no que o podemos ver xogando ao fútbol co seu can, Freddie. A ver quen gaña!!




Por último, unha imaxe de Izan, de 3º de Primaria B, co seu debuxo dun arco da vella e as mensaxes destes días. Moitas grazas, Izan! 
 



RETOS PARA UNHA VIDA SA

RETO 19
A ver que tal vai a túa habilidade. Serás capaz de aprender a canción enteira?
Non utilices un vaso que se rompa con facilidade!

23 de abr. de 2020

2ª AVALIACIÓN

Como informamos na web do cole, seguindo orde da Inspección Educativa, realizaremos a segunda avaliación cos datos que teñamos do alumnado ata a declaración do estado de alarma.
As cualificacións entregaranse ás familias e ao alumnado antes do comezo das vacacións de Semana Santa, a través da aplicación abalarMóbil.

RADIO, NO DÍA DO LIBRO

Polo día de hoxe tamén fixemos un programa de radio especial. Nel recollemos as lecturas e recitados que o profesorado do CPI gravou para vós.
Pinchade na foto para escoitarnos.

RETOS PARA UNHA VIDA SA

RETO 18
Utiliza papel hixiénico e celo para facer a túa misión imposible láser no corredor e, por favor, mándanola. Queremos verte pasar sen tocar o papel.

22 de abr. de 2020

XINCANA LITERARIA

No CEIP Rosa Luxemburgo de Parla organizan unha xincana literaria que dende aquí compartimos.
Quen se anima?

VÍDEO DE 4º DE INFANTIL A

Bo día, chicos e chicas.

Hoxe chegounos un vídeo dos e das peques do cole, da clase da profe Mirian, na que nos din canto a botan de menos. A ela e aos seus compañeiros e compañeiras, por suposto.

Queredes velo? Aquí volo deixo.



Ensínovos tamén unha imaxe que nos deixa Erik Vidal, de 5º de Infantil A, para que vexades o artista que está feito. Moi chulos eses debuxos, Erik!



AS LENTELLAS DA PROFE EVA!

Chicos e chicas da clase da profe Eva. Tráiovos unha mensaxe de parte da vosa profe:

Ola meus piollos! Mirade como medraron as miñas lentellas!!! Como van as vosas?

Cóntovos un segredo.... todas as mañas lle dou os bos días e lle canto a canción da asamblea. Lembradela???  Facedes a proba?





RETOS PARA UNHA VIDA SA

RETO 17
Pon un plumas e baila esta canción.

20 de abr. de 2020

RETOS PARA UNHA VIDA SA

RETO 16
Empeza a semana con enerxía. Colle un crono, roupa deportiva e trta de acabar este reto. 
9 minutos para a gloria.
Serás capaz?

19 de abr. de 2020

UN RETO PARA TODO INFANTIL- Actividades semana do 20-24 de abril

      ACTIVIDADES TODO INFANTIL


Moito ánimo, seguide así que o estades a facer moi ben,
 gracias a vosa axuda e o ben que vos portades 
imos poder todos xuntos co " coronavirus.
                                                                     

                 RETO PARA OS NENOS/AS DE 3, 4 E 5 ANOS




"Payasos Sin Fronteras" lanzou ,  #sonrisavirus un movemento que pretende converterse nunha  pandemia de esperanza.

Nós tamén queremos pintarlle un sorriso a esta situación, trátase de que cada neno/a mande unha foto cunha mascarilla posta, na que esté debuxado un sorriso. 
(enviade un whatsapp 653 648 058, acordádevos de poñer o nome do alumno/a  e  o curso  )
A data na que se poderán enviar as fotos será do día 20 ó 30 de abril.

A mascarilla pode estar feita na casa  de calquera material ( pano, trapo, cartolina plástico….) Cal será o resultado….???

Esperamos as vosas fotos, para poder ver eses sorrisos.

Desexamos que dentro de moi pouco non sexa preciso debuxar os nosos sorrisos nas mascarillas e que sexan as nosas caras o espello do sorriso á vida.
                                             
                                            23 de abril
                                                            FELIZ DÍA DO LIBRO

Aquí tedes un conto " El Viaje de Covirín", a ver se vos gusta!!





                                         UN BICO MOI FORTE

                                 EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL




17 de abr. de 2020

SAÚDOS DA PROFE MIRIAN!


Ola, chicos e chicas da clase de 4º de Infantil A! A vosa profe, Mirian, mándavos unha mensaxe en vídeo para todos e todas, para que vexades canto vos bota de menos! Para vela, premede na imaxe.
Unha aperta a todos/as!!





RETOS PARA UNHA VIDA SA

RETO 15
Ponlle SWAG para rematar a semana. Aprende esta coreo e comparte o vídeo en Instagram coa etiqueta #cpicañiza

Serás capaz?

AVISO

A próxima semana abrirase o Centro para que todas aquelas familias que o desexen poidan acudir a recoller o material escolar dos seus fillos.
Farase seguindo esta orde:
Recomendacións:
  • Só poderá acudir un membro de cada familia. É aconsellable levar unha bolsa ou mochila para recoller o material.
  • Procurarase non coincidir moitas persoas ao mesmo tempo, evitando así as aglomeracións.
  • Manter en todo momento as recomendacións sanitarias en canto a distancia, limpeza, uso de luvas, etc.
  • No caso de familias con fillos en distintos niveis ou etapas, poderán elixir un dos días para recoller todo o material dos seus fillos.
APROVEITADE ESE DÍA PARA DEVOLVER OS LIBROS DA BIBLIOTECA QUE TEÑADES EN PRÉSTAMO

16 de abr. de 2020

RETOS PARA UNHA VIDA SA

RETO 14
Cantos equilibrios es capaz de facer? Comparte o teu vídeo coa etiqueta #cpicañiza

AS LENTELLAS DA PROFE EVA

Chicos e chicas, como van esas lentellas? Mirade as da profe Eva, como van medrando xa. A ver se podemos ver as vosas!



MENSAXE PARA O PROFE RUBÉN!!

Bo día a todos e todas!

Imos a deixar aquí unha mensaxe de parte do alumnado de 4º de Educación Infantil B para o seu profe, Rubén. Estas nenas e nenos tamén se lembran dos seus compañeiros/as e mándannos moito ánimo! Moitas grazas!! Un vídeo precioso!













15 de abr. de 2020

RETOS PARA UNHA VIDA SA

RETO 13
Colle a alguén de casa e fai este reto en parella! Cando saia mándanos o vídeo.

Tamén podedes subilo a Instagram coa etiqueta #cpicañiza

14 de abr. de 2020

COMENZAMOS O TERCEIRO TRIMESTRE- TODO INFANTIL (3, 4 E 5 ANOS)


ACTIVIDADES TODO INFANTIL
3º TRIMESTRE


Ola  nenos/as de 3, 4 e 5 anos!!!

Comenzamos un novo trimestre, esperamos que todos/as sigades ben.

 Moito ánimo, que xa falta menos para poder darnos esa aperta tan desexada por todos/as.

Para estes días, propoñemosvos unha serie de actividades, teredes que  pinchar nas imaxes para que abra o enlace. Esperamos que vos gusten,


                                                                  Un bico enorme
                                                                   Equipo de Infantil



E agora para poder animarse un pouquiño, unha canción sobre as emocións!!!

ÁNIMOS DE PARTE DA PROFE CRIS!

Bo días, rapazas e rapaces!

A profe Cris, de 2º B de Primaria, déixalles aos alumnos e alumnas da súa clase un vídeo de ánimo, no que recolleu as actividades que fixeron este segundo cuadrimestre xa rematado. Xa veredes que vídeo máis chulo! Moitas grazas, profe!

Para poder ver o vídeo, premede na imaxe. 




RETOS PARA UNHA VIDA SA

RETO 12
Adéstrate coma os vengadores! A ver cantas veces eres capaz de repetir o circuíto?
Non te esquezas de estirar ao rematar.

13 de abr. de 2020

BUSCADE O TESOURO!

A profe Fátima (2ºA de Primaria) proponnos un xogo para estos días que temos que quedar na casa: Unha busca do tesouro! Seredes capaces de atopalo? Precisaredes axuda e pistas? A ver que tal vos sae e cal é o tesouro que atopades.

Para poder acceder ao xogo, coas súas instrucións e todo explicado, premede na imaxe.



SEMANA SANTA CON MENSAXES

Boa tarde, rapazas e rapaces!

Que tal? Como foron esas vacacións? Esperamos que fose todo o mellor posible.

Vouvos a ensinar as fotos e vídeos que nos chegaron estes días. Comezamos por Lucas, de 5º de Infantil A, que nos amosa as lentellas que prantou seguindo as instrucións da profe Eva. A ver que sae de aí, Lucas! Tamén nos mandou un vídeo no que sae buscando ovos de Pascua. Atoparía algún?







Outro alumno que nos quixo compartir o seu día a día nestas vacacións algo diferentes foi Hugo, de 4º de Infantil A. Aquí o vemos cociñando, axudando na casa... moi ben, Hugo! O tempo xenial aproveitado!




E da mesma clase que Hugo é Derek, que nos envía unha foto cun arco da vella e unha mensaxe: TODO VAI SAÍR BEN. Xa verás como si, Derek! 




E, por último, un vídeo de ánimo enviado por Noemi (1º da ESO B) e Jessica (6ºB de Primaria). Moitas grazas pola vosa aportación, chicas! Un pracer vervos e saber de vós. Esperamos vervos pronto!


12 de abr. de 2020

AVISO

Como alumno deste centro, este aviso interésache.

PARA LOS NIÑOS/AS DE 4 AÑOS B- CUMPLEAÑOS ( PROFE NIEVES)

ANIVERSARIOS DE 4 ANOS B, 
MES DE MARZO - ABRIL

Ola, peques botovos moito, moito de menos!!!
Antes de nada, daros as gracias a toda a clase, por o fabuloso vídeo que fixestes,
 vexovos todos os días, é o  mellor agasallo que me podíais facer!
 Alegrome  de que todo vos vaia ben, estades guapísimos e guapísimas. 
Querovos  un montón!!!!

Estes días, estiveron de cumple, dous nenos da nosa clase e non poidemos celebralo xuntos, pero non vos preocupedes, pronto  volveremonos a ver e ese día faremos unha gran festa para celebrar todos os cumples e poñer as coroas, bailar, xogar e por soposto soplar as velas e abrazarnos.


MOITÍSIMAS FELICIDADES!!!!!!

PRONTO NOS VEREMOS E O CELEBRAREMOS TOD@S XUNTOS!!!!

CANDO NOS REENCONTREMOS FAREMOS UNHA GRAN FESTA!!!!!!


RESISTIREMOS!!!


11 de abr. de 2020

ORGANIZANDO O DÍA DO LIBRO

Aproveitando que se achega o Día do Libro, propuxémoslle ao profesorado gravar, en audio, un conto, adiviña, poema... Sempre que non exceda dos 3 MINUTOS como máximo.
Con todos os traballos, crearemos un programa de radio.
A ver que conseguimos!!!!!

10 de abr. de 2020

O 2º TRIMESTRE DE RELIXIÓN

Manuel, o profe de Relixión, subiu ao blogue da materia un vídeo no que recopila as actividades que se fixeron no segundo trimestre. Para velo, podedes premer na imaxe.
Tamén podedes visitar o blogue de Relixión aquí: www.navegandoconxesus.blogspot.com




DO PERSOAL DE SECUNDARIA...

Recordámonos de vós, moito máis do que pensades; por iso, aí vai o noso ánimo para superar esta situación excepcional e volver á normalidade canto antes.
FORZA E AFOUTEZA!!!!!

MENSAXE DAS PROFES EVA E SARA E UNHA SORPRESIÑA!

Boa tarde, rapazas e rapaces.

Hoxe traémosvos unha mensaxe das profes de 5º de Infantil A para os seus alumnos e alumnas. Comezamos cun vídeo con fotos deste curso. Esperamos que vos guste moito! Para poder velo, premede na imaxe.








E agora, unha mensaxe de parte da profe Eva!



Por último, a sopresa que vos dicía no título. Hoxe hai un neno da clase das profes Eva e Sara que está de aniversario! Dani, aquí tes a túa felicitación!! Parabéns!!


9 de abr. de 2020

MOITAS GRAZAS POLAS VOSAS APORTACIÓNS!


Nestas vacacións de Semana Santa tan estrañas e especiais, seguimos a recibir vídeos e fotos do alumnado de Infantil e Primaria do CPI da Cañiza. Desta forma, podedes ver aos vosos compañeiros e compañeiras e mandarlles ánimos!

O primeiro vídeo de hoxe ven directamente da Xogoteca da Cañiza! Queredes velo? Pois non vos entreteño máis. Aí vai!





Tamén nos envían un vídeo os alumnos e alumnas da clase de 5º de Infantil A, das profes Eva e Sara. Que chulo poder vervos a todos e todas! Unha aperta moi grande!






E para rematar por hoxe, dúas fotos: Alexia (3ºA) e Valentina (5ºB) ensínannos os seus traballos. Alexia fixo unhas cestas de Pascua preciosas, e Valentina uns debuxos, moi bonitos tamén, cunha mensaxe para todos e todas. Ademais está a ler un libro. Ben feito, Valentina!





8 de abr. de 2020

HOXE TEMOS 3 VÍDEOS!

Pois si, 3 vídeos para comezar o día de hoxe.

O primeiro, de Nicolás (2ºA) que nos manda ánimos a todos. Moitas grazas, Nicolás!



E seguimos con Estela (6ºA) e Ismael (5ºB) que nos mostran as súas habilidades musicais. Vaia nivel! Moitas grazas pola vosa aportación!









7 de abr. de 2020

MOITAS GRAZAS POLAS VOSAS MENSAXES, CHICAS!

As alumnas de Primaria Lucía Dantas (5ºB) e Sabela Rodríguez (3ºA) envíannos unhas imaxes e un vídeo do seu día a día na casa e unha mensaxe de apoio e ánimo para todos e todas.

Comezamos con Lucía e co seu vídeo de como pasa o tempo nestes momentos nos que temos que quedar na casa. Á volta xa nos podes traer un pouco do que cociñes que ten moi boa pinta!





E Sabela rematou os ovos de Pascua e quere ensinarnos o resultado final. Qué chulos quedaron, Sabela! Un traballo xenial!


VÍDEO DE 5º DE INFANTIL B

Os alumnos e alumnas de 5º de Infantil B, da clase da profe Nieves, mándannos este vídeo tan bonito, feito coas súas fotos e mensaxes de ánimo.

Moitas grazas, chicos e chicas! Esperamos vervos pronto de novo!



7 DE ABRIL, DÍA DA SAÚDE

Hoxe, máis que nunca, debemos celebrar o día cunha mensaxe do máis positiva.

6 de abr. de 2020

CHÉGANNOS MÁIS COUSIÑAS DO ALUMNADO!

Estamos moi contentos e contentas porque vemos que o alumnado do CPI da Cañiza se acorda moito d@s profes e dos compañeiros e compañeiras.

Por exemplo, Sabela (3ºA) e seu irmán Lucas (5º Infantil A) enviáronnos unhas fotos e un vídeo de diferentes actividades que están a facer estes días: cociñar, preparar traballos de Pascua, tocar instrumentos... e todo o fixeron xenial! Aquí os tedes!














Tamén temos un vídeo de Anxo Gómez, de 1º de Primaria, dando ánimos a todo o mundo. Moitas grazas, Anxo!






E por último, unha foto de Yaiza (3ºB) cunha manualidade que fixo para celebrar a Pascua. Que bonito, Yaiza!