22 de dec. de 2020

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA AS FESTAS

 SE PREMEDES NA FOTO VEREDES 
AS RECOMENDACIÓNS DE LECTURA 
PARA  NADAL, POR IDADES.



19 de dec. de 2020

GUÍA LECTURA NADAL, 2020 (ESO)

Como cada ano, aquí unhas suxestións para este tempo de frío e lecer. E todas están na biblioteca!
Se pasades o rato por riba da imaxes teredes máis información: sinopse, primeiros capítulos para comezar a ler, fichas bibliográficas...
Boas lecturas!!!!
RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2020 de MEPP

13 de dec. de 2020

CHEGA O NADAL

No cole xa empezamos a vivir o Nadal coa decoración e ata temos un coro dándonos a benvida no vestíbulo. A profe de música, Ruta, sempre sorprendéndonos.

Pincha na foto para ver máis

29 de nov. de 2020

25N NA ESO

En Secundaria todos traballaron para conmemorar o día, pero algúns con proxección fóra da aula, aquí deixamos algunha mostra. Pinchade nas imaxes para ver máis.

  • Raquel, con Valores de 2º A.
  • Iria, coa titoría de 1ª A.

  • Tony, coa titoría de 4º A.

  • Ivonne coa titoría de 1º C.

28 de nov. de 2020

SAMAÍN, 2020

Como non podía ser doutro xeito, Elena, en dous días, preparou un Samaín de luxo: decoración do centro, disfraces, festa holi e ata un túnel do terror. As colas que se organizaron para morrer de medo, amosan o éxito da xornada.

Haberá que repetir!!!!

E, por fin, podemos publicar as probas!!! Se picas nas fotos poderás ver máis.
Temos ata vídeos. Míraos.

26 de nov. de 2020

Comezamos!

 A Biblioteca de Infantil e Primaria do CPI da Cañiza xa está dispoñible para todos/as vós! Este ano dunha maneira un pouco diferente, pero sempre con gañas e ilusión para que poidades desfrutar das vosas lecturas favoritas. Unhas caixas con libros percorrerán as vosas clases durante unha tempada para achegarvos a maxia da biblioteca. 

Para máis información, premede nesta imaxe e mirade o vídeo! 





30 de out. de 2020

PREMIO NACIONAL NARRATIVA, 2020

Juan Bonilla foi o galardoado pola súa obra ‘Totalidade sexual del cosmos".
Juan Bonilla é licenciado en Xornalismo e colaborador habitual en xornais, revistas de información xeral e en revistas literarias. É coordinador da revista Zut e colabora en EL Mundo e JotDown. É autor das novelas Ninguén coñece a ninguén (1996), que foi levada ao cinema; Los príncipes nubios (2003), Prohibido entrar sin pantalones (2013) e La novela del buscador de libros (2018)

27 de out. de 2020

LETRAS GALEGAS, 2020

Como sabedes, as Letras Galegas, por mor da COVID-19, adiouse, por primeira vez na historia, a este 31 de outubro. E, cerca da data, convidámosvos a visitar as entradas que naquel momento fixemos sobre o día e o autor.

23 de out. de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2020

O día 24 de Outubro, sábado, celebramos o Día das Bibliotecas! 

Para esta conmemoración, o Equipo de Biblioteca de Infantil e Primaria queremos adiantarvos un pouco o que estamos a preparar na biblio do cole, para que volva a funcionar e poidades desfrutar pronto das vosas lecturas favoritas.

Premede na imaxe para acceder ao vídeo. 

Vémonos prontiño!





PREMIO NACIONAL DE CÓMIC, 2020

O  historietista Javier de  Isusi foi galardoado co premio pola súa obra La divina comedia de Óscar  Wilde, unha obra cun " guion perfectamente articulado" e unhas ilustracións "moi suxestivas e ao servizo da narración".
Javier de  Isusi estudou arquitectura nas escolas de San Sebastián e Lisboa. Acabada a carreira, probou brevemente a profesión e emprendeu unha viaxe na que percorreu durante un ano boa parte de Latinoamérica. Ao volver desa viaxe decidiu dedicarse ao que sempre quixo facer: contar historias en viñetas.
Entre as súas obras está a tetraloxía Los viajes de Juan Sin Tierra (La pipa de Marcos, La isla de Nunca jamás, Río Loco e En la tierra de los Sin Tierra), La partida del soldado, Ometepe, He visto ballenas, Asylum...

21 de out. de 2020

PREMIO NACIONAL POESÍA JOVEN "MIGUEL HERNÁNDEZ", 2020

O xurado decidiu premiar este 2020 a Alba Cid pola súa obra Atlas.

Alba Cid é poeta e investigadora en poesía contemporánea. Participou en volumes como Poética da casa (2006) e na antoloxía de Apiario No seu despregar (2016). Publica textos de creación e recensións en revistas como Grial, Luzes, Tempos Novos e Dorna, e é colaboradora de Radio Galega.
Actualmente está a cargo do Centro John Rutherford de Estudos Galegos da Universidade de Oxford.

17 de out. de 2020

CLUB LECTURA

PREMIOS PLANETA DE NOVELA, 2020

Eva García Sáenz de Urturi con "Aquitania" e Sandra Barneda con "Un océano para llegar a ti", son a gañadora e finalista do LXIX Premio Planeta.
"Aquitania" é un "un thriller medieval" que homenaxea a 'El nombre de la rosa'. Relata a historia do home máis rico e respectado de toda a cristiandade, o duque de Aquitania, que, tras ser capturado nunha peregrinación, é torturado ata a morte. A súa filla, que herdará o Ducado, tratará de vingar a morte do seu pai e cambiar ao Rey de Francia.
"Un océano para chegar a ti" conta unha historia de reconciliación que fala das perdas e de todos os mortos. Ambientada nun pobo da Serra de Gredos, ten a Gabriel como protagonista e en 49 días cambia o concepto que ten do seu pai.

Libros que fan de Eva García Sáenz de Urturi unha das autoras máis lidas

Obras de Sandra Barneda

DÍA DAS ESCRITORAS

 

Aínda que dous días despois, este mural de Pedro Cifuentes recorda a algunha muller de letras.

15 de out. de 2020

PREMIO NACIONAL DE POESÍA, 2020

A poeta Olga Novo Presa vén de ser recoñecida co Premio Nacional de Poesía 2020, que outorga o Ministerio de Cultura pola obra Feliz Idade.
Poeta, filóloga e profesora de Ensino Secundario en Monforte, ademais de numerosas colaboracións en revistas e antoloxías, publicou os títulos A teta sobre o sol (1996), Nós nus (1997), A cousa vermella (2004) e Cráter (2011) .Como ensaísta, é autora, entre outros, dos volumes O lume vital de Claudio Rodríguez Fer (1999, 2008) e Uxío Novoneyra. Lingua loaira (2005).
   

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL, 2020

A escritora Elia Barceló foi galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2020 por El efecto Frankenstein. Obra coa que Barceló homenaxea a obra de Mary Shelley.

É unha das escritoras de ciencia ficción máis destacadas da literatura en español, e na súa ampla obra tamén cultivou a narrativa xuvenil, de terror, o  thriller ou a novela histórica. Publicou máis dunha vintena de obras, entre novelas, ensaios e relatos, entre as que cabe destacar: Consecuencias naturales (1994), El vuelo del Hipogrifo (2002), El secreto del orfebre (2003), Las largas sombras (2009), Hijos de Atlantis (2013), La maga y otros cuentos crueles (2015), El color del silencio (2017) y El eco de la piel (2019)