29 de xan. de 2023

PLATAFORMA DE PRÉSTAMO DIXITAL

A plataforma de lectura dixital E-LBE.2 enriqueceu o seu catálogo con varios centos de novos fondos, en diversos formatos (Epub, audiolibros, podcasts…) e diferentes linguas.


Como xa sabedes, para entrar precisades a identificación e a chave de acceso. Se esquecestes estes datos, mirade no taboleiro da aula ou preguntádelle ao voso titor.

25 de xan. de 2023

CALENDARIO CIENTÍFICO ESCOLAR, 2023

Xa para descargar, o científico escolar da FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología).

O calendario acompáñase dunha guía didáctica con orientacións para o seu aproveitamento educativo transversal nas aulas.

Para descargalo, pinchade na imaxe.

19 de xan. de 2023

O ENTROIDO, QUENTANDO FOGÓNS

 

SON DA ESO: DÁME LERIA 1

Música, cultura xeral, información, opinión... moito que escoitar no primeiro podcast de Dáme Leria, realizaco polo alumnado de 4º da ESO con Dario, profesor de Lingua Galega.
Prometen máis.
Agardamos.

17 de xan. de 2023

30 XANEIRO, DÍA DA PAZ

A última hora, aproveitando a actividade de Ruta en Música, faremos murais (un por curso) cos traballos realizados nas titorías ata ese día.

  • 1º ESO – Pintarán mandalas.
  • 2º ESO – Decorarán pombas/mans con poemas, textos, palabras debuxos…
  • 4º ESO – Abecegrama. Cada letra do abecedario nun folio no que se recolla unha idea relacionada coa paz.
  • 3º ESO – Non participarán no mural, pero decorarán o vestíbulo do centro con grúas de papel.

6 de xan. de 2023

A NOSA PALABRA DO ANO, 2022

O Portal das palabras promove a idea de decidir, colectivamente, cal é a palabra que identifica o ano que remata.
Autoestima, candorca, comadre, ecocidio, inflación e resiliencia eran as voces que optaban a se converter na Palabra do Ano 2022. E a gañadora foi COMADRE.

PALABRA DO ANO, 2022

A Fundación do Español Urxente (FundéuRAE), promovida pola Axencia EFE e a Real Academia Española, elixiuna pola súa gran presenza no debate social, político, científico e económico, adeamais de polo seu interese lingüístico.

 
 Eran moitas as candidatas.