30 de xan. de 2019

DÍA DA PAZ 2019


Os alumnos/as de Educación Infantil e Educación Primaria
 deixaron unha mensaxe de paz, nunha paloma 
que sae dun  sombreiro máxico 
no que os desexos se cumpren
na biblioteca de Primaria.

PAZ 2019

As mil grúas de origami (papiroflexia en xaponés) convertéronse nun símbolo da paz por mor da historia de Sadako Sasaki (1943-1955), unha nena xaponesa que desexou curarse da súa enfermidade producida pola radiación da bomba atómica que caeu sobre Hiroshima.
Recordando este episodio, decoramos a biblio coas que fixeron os alumnos capitaneados pola profe de Bioloxía, Irene.

 

29 de xan. de 2019

28 de xan. de 2019

25 de xan. de 2019

II CONCURSO DE CALIGRAMAS PARA ALUMNADO DE SECUNDARIA

O equipo de Dinamización Lca convoca o II concurso de caligramas para conmemorar o Día de Rosalía de Castro.
O alumnado participante creará, partindo de poemas da autora, unha imaxe visual acorde co tema tratado no texto.
O prazo de admisión será ata o VENRES 16 DE FEBREIRO.

18 de xan. de 2019

1º E 2º EN XEO+MUSEO

Os alumnos de 1º (o luns) e os de 2º (o mércores) combinaron deporte e arte e repartiron a mañá entre a pista de patinaxe en Samil e a Afundación Abanca en Vigo.
Visitaron a colección Latexos que inclúe obras de autores de sona como Castelao, Virxilio, Quessada, ou a xenial Maruja Mallo.
Tratouse dunha visita interactiva na que por intres os nosos alumnos actuaron como comisarios da exposición, reorganizándoa por temas (latexos). Ademais, divididos en grupos e a través de pistas, pescudaron cales eran as obras máis importantes de cada latexo e explicáronllelas a outros grupos, amosando así os conceptos traballados na aula.

16 de xan. de 2019

O MUNDO QUE QUEREMOS

Como participantes do Plan Proxecta na modalidade “O mundo que queremos”, os alumnos de 2º de ESO do noso centro tiveron, o pasado venres, a primeira sesión de formación en solidaridade e valores.
Así, en tandas de dúas horas, todos os alumnos de 2º experimentaron a través de xogos de rol como viven as comunidades con menos recursos do planeta, e como asistimos diariamente a un reparto desigual dos mesmos. Mediante xogos e parte teórica introducimos no noso vocabulario conceptos coma: “consumo responsable”, “comercio xusto” “equidade”, “igualdade”, “cooperación”… ao tempo que traballamos sobre a Axenda 2030 da ONU na que se definen os obxectivos para acadar no período 2016-2030 un desenvolvemento sostible.
Do mesmo xeito eliximos coma obxectivo para traballar durante este curso o número 10: reducción das desigualdades. O reto agora é como traballalo na nosa contorna, desenvolver pequenas accións na escola, na casa e na nosa vila que permitan cambiar, pouco a pouco, o noso mundo. A vindeira parada do noso proxecto será o venres 1 de febreiro, na que participaremos nun obradoiro de radio, xa que para cambiar o mundo debemos ter as mellores ferramentas na nosa man!
 

 



10 de xan. de 2019

GRANDE ALBA. GRAZAS, CAMPIOA!!!

A selección galega cadete feminina de balonmán acadou a prata no campionato de España, tras perder na final contra Cataluña (Cataluña, 38 - Galicia, 24).
E entre elas a nosa campioa, Alba Afonso Castro, lateral dereito que foi unha das artífices deste triunfo.
Parabéns Alba, por moitos éxitos máis!

8 de xan. de 2019

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA, 2019

A Secretaría Xeral de Cultura presentou o novo calendario 2019 coas datas máis salientables arredor do libro e a lectura.