25 de abr. de 2018

XA SON UNHAS CAMPIOAS!!!

Este fin de semana as rapazas de balonmán, ao quedar segundas na liga división de honra, organizan o sector galego aquí, na Cañiza.
Se gañan clasifícanse para o campionato de España.
Moita forza e todo o apoio!!!!

23 de abr. de 2018

OBRADOIRO BANDA DESEÑADA

Hoxe pola tarde, Dinamización Lingüística organizou para o alumnado de 2º un Obradoiro de banda deseñada co ilustrador Xosé Tomás.
Haberá algún artista entre nós?








23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO


Celebrámolo coa exposición Quen con quen?, na que colaboraron alumnos dos clubs de lectura.
Nas vindeiras semanas poderemos visitar esta exposición que busca dar un paseo polas obras da literatura universal que todo o mundo recoñece como imprescindibles.
Seleccionaron 30 autores e engadiron pistas sobre eles, a súa caricatura e fragmentos dalgunha das súas obras, probablemente das máis representativas.
Con eses datos só haberá que intentar recoñecer quen é quen, poñendo sobre eles o nome que lle corresponda.
Os rótulos móbiles cos nomes dos autores estarán ubicados ao lado da exposición.
Tamén se deseñou un cuestionario para percorrer a exposición.




20 de abr. de 2018

OBRADOIRO PREHISTÓRICO

Os alumnos de 1º da ESO dentro do proxecto Historiamos, que busca achegar ao alumnado a materia de Xeografía e Historia a través do xogo, realizaron un novo reto: un obradoiro de ferramentas líticas e arte das diferentes etapas da Prehistoria.
Os alumnos recibiron unha nova mensaxe na que se lles encargaba unha nova misión: recopilar os obxectos prehistóricos do país imaxinario que “descubriron” en xornadas anteriores. Os materiais a utilizar eran os mesmos que usaron nos homínidos no seu tempo: pedras, paus, pigmentos naturais (especias), carbón e arxila.
Divididos nos seus grupos cooperativos dividiron as tarefas:
- Elaboración de pinturas rupestres Paleolíticas, máis realistas, con bordes negros e recheo en cor tomando como exemplo os bisontes de Altamira e os cervos e cabalos de Lascaux.
- Elaboración de pinturas rupestres Neolíticas, esquemáticas, monócromas, representando escenas de caza, tomando como exemplo diferentes covas peninsulares (Abrigo dels Cavalls e Valtorta en Castellón).
- Elaboración de útiles líticos con pedras e paus a través da técnica Levallois que permite crear puntas de frechas afiadas, machadas, choppers e bifaces de man,
- Creación de venus e figuriñas votivas adicadas á deusa da fertilidade con arxila tomando coma exemplo a Venus de Willendorf.
- Creación de megalitos (dolmens, mámoas e crómlech) mediante pedras e arxila.
- Representación a través de arxila das principais innovacións do Neolítico e da Idade dos Metais (muíños, rodas, arados…).
 O resultado foi increíble: traballamos limpamente, organizados e complentando os puntos da rúbrica.
A próxima mensaxe secreta do GEAI está a chegar… parece que os alumnos momificarán algo-alguén seguindo os ritos dos antigos exipcios… teremos noticias.

















19 de abr. de 2018

VISITA A CELANOVA

Os alumnos de 2º participaron no ciclo de concertos didácticos de órgano, realizaron o programa "Ven coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio" e ademais realizaron unha xornada de convivencia cos alumnos do IES Indalecio Pérez Tizón.
2º EN CELANOVA on PhotoPeach

16 de abr. de 2018

"MULLERES EN ACCIÓN. VIOLENCIA ZERO"

O alumnado de 2º tivo a sorte de participar hoxe neste proxecto artístico que reivindica a igualdade de xénero.
A actividade, programada pola Deputación de Pontevedra, promove unha sociedade igualitaria entre mulleres e homes, sen discriminación nin violencia, cos mesmos dereitos e deberes.