Os profes estamos dispostos, e vós?
28 de xan. de 2024
PAZ, 2024
Xa comezamos a ver os resultados das titorías traballando pola paz.
Aquí, o noso canón particular que revela os resultados de calquera guerra.
25 de xan. de 2024
16 de xan. de 2024
NO TEATRO
Hoxe martes, o alumnado de 4º foi a Ponteareas a ver esta obra na que se fai homenaxe a Carlos “O Xestal”, humorista, músico e figura clave da tradición popular galega.
A función foi unha emocionante viaxe pola cultura e tradición galegas, honrando a memoria dun dos seus máis queridos artistas.
12 de xan. de 2024
ORGULLOSOS DO NOSO
Hoxe, da man de Dinamización Lca e do Dpto de Lingua Galega, visitounos Orgullo Galego para falarlle ao alumnado de 4º da presenza da nosa lingua nas redes.
Agardamos repetir!!!
10 de xan. de 2024
EDUREFERENTES
Tivemos a fortuna de estar entre os 20 centros galegos que desenvolvemos EduReferentes. Un programa que parte da Asociación de Executivas de Galicia e busca dar visibilidade á figura da muller a nivel profesional. Para isto, visitan os coles mulleres que poden ser consideradas "referentes" dentro das súas profesións.
Hoxe, nunha primeira fase, tivemos:
- Un seminario para todo o alumnado de 4 ESO, impartido por África González Fernández (catedrática de Inmunoloxía na UVigo) e Carmen Sampayo David (decana do Colexio de Economistas).
- Un obradoiro para 25 alumnos de 4 ESO, impartido por Susana Pérez Crespo.
E quedan pendentes as mentorías individualizadas nas que as persoas mentoras compartirán a súa experiencia e coñecementos, apoiando ao alumnado na busca das súas fortalezas, habilidades e intereses.
9 de xan. de 2024
30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ
Ilustración de David Guirao |
O vindeiro 30 de Xaneiro celebramos o día escolar pola paz, no aniversario da morte de Gandhi (30 de Xaneiro de 1948).
Aproveitaremos a data para fomentar a cultura da paz con murais con creacións do noso alumnado, seleccións bibliográficas, marcapáxinas co préstamo, proxeccións...
E este pode ser un bo punto de partida que nos faga reflexionar.
E este pode ser un bo punto de partida que nos faga reflexionar.
8 de xan. de 2024
PALABRA DO ANO, 2023
A Fundación do Español Urxente (FundéuRAE), promovida pola Real Academia Española e a Axencia EFE, escolleu POLARIZACIÓN como a súa palabra do ano 2023.
O termo polarización impúxose ao resto das candidatas debido á súa gran presenza nos medios de comunicación e á evolución de significado que experimentou. Nos últimos anos estendeuse o uso desta voz, que está recollida desde 1884 no dicionario académico, para aludir a situacións nas que hai dúas opinións ou actividades moi definidas e distanciadas (en referencia aos polos), en ocasións coas ideas implícitas de crispación e confrontación.
A NOSA PALABRA DO ANO, 2023
Nos últimos meses, a inventiva para sensibilizar sobre o problema dos ciberataques e outros delitos informáticos, creou un neoloxismo de rexistro coloquial que tira do humor para gañar eficacia neste desafío: CIBERCARRACHO, -A!
E esta é a voz elixida como Palabra do Ano 2023.
4 de xan. de 2024
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)