22 de xan. de 2016

ESPECTÁCULO CÓSMICO



Un dos fenómenos máis impresionantes do universo poderase observar no ceo nunha ollada: a aliñación de 5 planetas do sistema solar.
Do 20 de xaneiro ao 20 de febreiro as órbitas de Júpiter, Venus, Marte, Saturno e Mercurio colocaranse formando unha traxectoria elíptica, creando unha aliñación sen precedentes no ceo en compañía da lúa.
Para non confundir planetas con estrelas, os planetas veranse como puntos brillantes estáticos, mentres que as estrelas titilan.

18 de xan. de 2016

DÍA DA ILUSTRACIÓN, 30 XANEIRO

A Xunta de Galicia fixa o 30 de xaneiro, coincidindo co nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, para destacar a importancia da ilustración e do deseño no libro e na lectura, así como para poñer en valor o sector galego da ilustración.
Se neses días ides á biblioteca poderedes levar un marcapáxinas dun recoñecido ilustrador.
Pero ademais, propoñémosvos unha actividade:
Nesta ilustración de Victoria Assanelli podemos identificar moitos dos contos infantís que nos entretiveron cando pequenos.
Adiviña que contos se agochan, anótaos nun folio e entrégao na biblioteca ao longo do día no que se conmemora o labor destes artistas (xa sabes, só durante o 30 de xaneiro).

15 de xan. de 2016

FERVENZAS LITERARIAS OPINAN DO 2015

Os lectores da revista de literatura galega, Fervenzas Literarias, elixiron por noveno ano os mellores do 2015: mellores libros, autores, ilustradores, librarías, blogs...
Mellor en narrativa



Ledicia Costas, autora do ano

12 de xan. de 2016

NO ANIVERSARIO DE PERRAULT

Google homenaxea hoxe, no 388 aniversario do seu nacemento, a Charles Perraultcos Doodles que decoran a súa páxina.
Este escritor francés é principalmente coñecido polos seus contosQuen non lembra Carapuchiña Vermella, A Cincenta, O Gato con botas, Polgariño, Barba Azul...?
Aproveitando o día, aquí vemos unha versión diferente e moi creativa que, do conto da Carrapuchiña Vermella, fixo a autora Marjolaine Leray.

8 de xan. de 2016

100 PALABRAS PARA DESIGNAR A CHOIVA

 
En días como os que estamos pasando convén recordar que
os galegos temos máis de cen palabras para designar a choiva, das que 61 a denominan directamente. As razóns resultan bastante obvias.
Hai xa algúns anos, Elvira Fidalgo (catedrática de Filoloxía da Universidade de Santiago)  identificounas tras enquisas en máis dun cento de parroquias e localidades das catro provincias galegas, Asturias, León e Zamora.
Para resumir, aquí están algunhas:
  • Para chuvia feble: Babuña, Babuxa, Barbaña, Barbuza, Barrallo, Barrufa, Barruñeira, Barruzo, Borralla, Breca, Chuvisca, Chuviscada, Chuviñada, Froallo, Lapiñeira, Marmaña, Orballo, Parruma, Parrumada, Patiñeira, Patumeira, Poalla, Poallada, Poalleira, Poallo, Zarzallo…
  • Para chuvia forte: Arroiada, Ballón, Basto, Bátega, Bategada, Cebra, Cebrina, Chaparrada, Chuvascada, Chuvasco, Chuvieira, Cifra, Ciobra, Dioivo, Treixada, Xistra, Zarracina…
  • Cando hai raios e tronos: Treboada, Torboada, Torbón, Trebón…
  • Se vén con neve e xeo: Auganeve, Cebrina, Cebrisca, Escarabana, Nevada, Nevarada, Nevareira, Nevarío, Nevisca, Nevarisca, Pedrazo, Salabreada, Sarabiada, Torba…
  • Cando remata de chover: Amizar, Delampar, Escambrar, Escampar, Estear, Estiñar, Estrelampar…
  • E cando hai condensación de auga: Borraxeira, Borraxoia, Brétema, Cegoña, Fuscallo, Néboa, Neboeiro, Nebra, Zarrazina…
  • Ás palabras propias para a choiva en galego, hai que engadir as expresións formadas cun elemento que indica gran cantidade, por exemplo “chover a caldeiros”, “chover a ballón”, “caer (a auga) a barullo”, “a cichón”, “a choupón”.