30 de nov. de 2021
29 de nov. de 2021
LIMPEZA
O noso patio estábao pedindo a berros porque non somos nada coidadosos cos papeis, bolsas, envoltorios... e o aire fai o resto.
Por iso, a profe de BIO, Cristina, coas clases de 1º A e B, puxéronse mans á obra.
Agardamos cunda o exemplo noutras titorías; queda moito curso para que poidamos colaborar TODOS.
GRAZAS.
Pinchade na imaxe para ver a galería.
27 de nov. de 2021
25 de nov. de 2021
CONSTITUCIÓN E ESTATUTO DE AUTONOMÍA, do 30 de novembro ao 7 de decembro
Outros recursos para conmemorar esta data:
- Taller "moi visual" sobre a distribución territorial.
- Taller literario. Despois de analizar anuncios publicitarios moi coñecidos, respondede:
- Onde está a clave do seu éxito?
- Que tópicos recollen? Serven para caracterizarnos polo mundo adiante?
- Que aspectos nos fan sentir orgullosos de ser galegos? Cales non?
- Análise de estereotipos e posibilidade de crear un mapa similar que recolla a idea que temos de nós mesmos e dos demais. Podemos tomar como punto de partida 13 estereotipos dos españoles... de El Huffington Post.
Un mapa que, con escaso rigor científico e/ou etnográfico, recolle o que pensan os nosos veciños de nós. Acaso terán razón?
25N NA RADIO
Hoxe, de 12:00 a 13:30, puidemos escoitar, en RADIO NOVE GALICIA, as frases que o noso alumnado gravou con motivo do día que conmemoramos.
Podedes escoitalo de novo hoxe ás 21:00 ou mañá ás 8:00.
Podemos escoitar algúns tamén aquí.Podedes escoitalo de novo hoxe ás 21:00 ou mañá ás 8:00.
25N EN SECUNDARIA
Capitaneados por Eva (profe de EF) dende Valores éticos, o alumnado traballou nas titorías para crear un cartel que recollía a nosa repulsa á violencia de xénero.
A modo de quebracabezas, decoraron cada peza con frases significativas e hoxe, durante o recreo, protagonizaron un acto final no que recordaron as frases mellores, pegaron a peza no cartel e leron un manifesto deseñado polos alumnos de valores de 4º.
Ese cartel decora agora o noso vestíbulo.
Se pinchades na foto iredes á galería para ver moitas máis.
21 de nov. de 2021
20 de nov. de 2021
PREPARANDO O 25N
Que se estará cocendo para o 25N?
Nesta galería imos vendo os preparativos. O resultado final, o xoves.
Nesta galería imos vendo os preparativos. O resultado final, o xoves.
CLUB DE LECTURA MUCHACHADA LECTORA
Os do club xa están funcionando e, como podedes ver, hai para todos os gustos.
Formades parte dalgún? Aínda estades a tempo, preguntade na biblio.
14 de nov. de 2021
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Neste espazo ofrecemos elementos motivadores cos que debatir e sensibilizar e, ademais, un banco de recursos.
É importante detectar a desigualdade para loitar contra ela; só educando en igualdade a homes e mulleres estaremos contribuíndo a reducir e eliminar a secuela da violencia de xénero.
1.- "El bello Rafa Nadal", de Barbijaputa para el diario.es
Recuperamos un artigo publicado no 2016 no que a autora utiliza a forma de falar e escribir que se emprega con frecuencia para falar das mulleres deportistas.
2.- Videopoema "Inagotables" do libro Asíntota de Carlos Miguel Cortés.
Tamén podemos escoitar a versión realizada por Dario DK para o CPI de Mondariz.
3.- ¡Qué niña tan bonita!
Curta de Alicia Ródenas con texto de Ro de la Torre coa que se presentou á sétima edición do concurso de curtas do instituto Diego Siloé de Albacete.
Ao longo do vídeo, a moza le cen frases ás que cada muller está exposta desde a súa nenez; entre outras: "Se te ven xogar cos mozos chamaranche marimacho" ou "Non sexas tan bruta xogando, pareces un neno".
Ao longo do vídeo, a moza le cen frases ás que cada muller está exposta desde a súa nenez; entre outras: "Se te ven xogar cos mozos chamaranche marimacho" ou "Non sexas tan bruta xogando, pareces un neno".
4.- Sexismo no deporte
"Poderías dar unha volta para nós e dicirnos algo sobre o teu vestiario?" Esta é unha de tantas preguntas que os xornalistas deportivos lles fan ás atletas e que recolle a campaña #CovertheAtlete.
Pois ben, como reaccionarían eles de seren tratados do mesmo xeito?
Pois ben, como reaccionarían eles de seren tratados do mesmo xeito?
5.- As nenas poden
Campaña que nos invita a todos para que a igualdade desde a infancia sexa un obxectivo prioritario.
6.- De par... en par
Trátase da campaña do SAAMA (Servizo de Apoio e Atención contra o Machismo). Cos textos de Neus Nebón e as ilustracións de Tania Acuña, este vídeo serve como test a todas esas condutas do día a día que forman parte da pirámide machista que remata na violencia contra as mulleres.
7.- Como actuamos ante a violencia machista?
Todo o mundo rexeita, sen ningún tipo de paliativos, a violencia contra as mulleres. Pero, que acontece cando somos testemuñas en primeira persoa deste tipo de agresións?
A compañía sueca STHLM Panda decidiu comprobar a reacción da xente ante a violencia de xénero. Cunha cámara oculta instalada nun ascensor, un home ameaza e agride a súa suposta parella, ante unha testemuña.
Abonda con ver o vídeo para comprobar que, aínda que a opinión e actitude da maioría cidadá é totalmente contraria a este tipo de violencia, á hora da verdade, non se actúa en consecuencia. Só unha das 53 vítimas da cámara oculta reacciona ante a agresión.
Na biblioteca, ese día, con marcapáxinas, música, libros e audiovisuais intentaremos sensibilizar, previr ou detectar situacións de risco.
Na biblioteca, ese día, con marcapáxinas, música, libros e audiovisuais intentaremos sensibilizar, previr ou detectar situacións de risco.
12 de nov. de 2021
CONCURSO NADAL
DECORAMOS A PORTA DA BIBLIOTECA
Ao igual que fixemos en cursos pasados, queremos decorar a porta da biblioteca para o Nadal coa vosa colaboración.
Bases:
- Participantes: a participación será individual ou en grupo (máximo 4 persoas).
- Prazo: a data límite para entregar o proxecto será o 1 de decembroiblioteca os proxectos será o 3 de decembro ás 14:30 horas.
- Tema: o Nadal.
- Procedemento: realizarase o deseño nun folio no que, ademais, se expliquen os materiais empregados na súa realización. Lembrade que ha de ser papel, cartón, cinta, algodón, ou calquera material fácil de conseguir e económico.
- Xurado composto por:
- Un membro do equipo da biblioteca.
- Un membro do Equipo Directivo.
- A profesora de Educación Plástica e outro profesor/a do centro.
- Un delegado ou subdelegado elixido de entre os non participantes.
- Gañador: elixirase un único premiado de entre todos os traballos presentados.
- Premios:
- Realización do deseño na porta da biblioteca.
- Un vale para material escolar na librería Escribán.
Aquí tedes algún modelo:
Gañadora 2020
Gañadora 2019
![]() |
Gañadora 2018 |
![]() |
Gañadora 2017 |
![]() |
Gañadora 2016 |
8 de nov. de 2021
MAGOSTO, 2021
Hoxe fixemos o magosto. Castañas, xogos e diversión foron os protagonistas dunha tarde na que o sol, afortunadamente, nos acompañou.
Grazas a todos os que colaborastes para facelo posible. Un luxo!!!
Pinchade na foto para ver máis.
7 de nov. de 2021
4 de nov. de 2021
GAÑADORES
Parabéns pola vosa creatividade, pero aquí están os premiados. Terán un vale para empregar na librería Escribán.
3 de nov. de 2021
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)