Na biblioteca de
primaria, estanse a realizar uns talleres con Kamishibai, coa colaboración do
equipo de normalización, e gracias ao Concello que nos prestou o material
necesario para levar acabo esta actividade, durante o mes de marzo.
Os nenos/as colaboradores da biblioteca (alumnos/as de
sexto), contanlle o conto ós nenos de infantil, nas sesions de “hora de ler”,
que facemos despois do recreo.
Kamishibai, significa “Teatro de papel”, e é unha forma moi
popular, dende fai varios séculos, os contos en Xapón.
Os contos representados en Kamishibai, tocan temas e evocan
sentimentos xerais dacordo coa idade dos nenos/as. As súas características e a
forma de presentalo, axudan a conseguir un efecto máxico e de concentración en
torno o conto.
Os nenos/as en grupo asisten a un espectáculo no que todos
xuntos/as, poden gritar, rir…., compartindo os mesmos sentimentos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario