17 de out. de 2017

PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA, 2017


Fernando Aramburu (San Sebastián, 1959), coa obra Patria, obtivo o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Narrativa.
O xurado destacou a obra galardoada "pola profundidade psicolóxica dos personaxes, a tensión narrativa e a integración dos puntos de vista, así como pola vontade de escribir unha novela global sobre uns anos convulsos no País vasco".
 'Patria', de Fernando Aramburu
Aramburu, licenciado en Filoloxía Hispánica, é autor das novelas Fuegos con limón (1996), Los ojos vacíos (2000), El trompetista del Utopía (2003), Bami sin sombra (2005), Viaje con Clara por Alemania (2010), Años lentos (2012), La gran Marivián (2013), Ávidas pretensiones (2014), Las letras entornadas (2015) e Patria.
Publicou tamén varias coleccións de relatos como Los peces de la amargura (2006), sobre as vítimas de ETA. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario