O alumnado de 4º, inspirandose na icónica obra Cousas da vida de Castelao, recreou estas láminas, combinando a expresión artística coa análise social e o humor retranqueiro.
Amosando publicacións coa etiqueta anocastelao b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta anocastelao b>. Amosar todas as publicacións
06 marzo 2026
28 maio 2025
ANO CASTELAO
Vivimos o ano Castelao e as nosas letras coas montaxes que crearon dende Polos Creativos. Con elas decoramos os corredores.
17 marzo 2025
CASTELAO
O alumnado de 4ºESO A púxose creativo e, coa obra “Cousas da vida” servindo de modelo, realizaron nove láminas ao máis puro estilo Castelao.
Nelas, tentando manter a crítica social e ironía que caracterizaban ao autor, centráronse en tres grandes temas: políticos, vellos e mulleres.
Achegádevos a velas para ver se o conseguiron!
07 xaneiro 2025
2025, ANO CASTELAO
A
Xunta declara ‘Ano Castelao’ o 2025 con motivo de da celebración do 75
aniversario do seu pasamento.
Así se decidiu no Consello da Xunta, celebrado o 27 de decembro, onde se aprobou a declaración institucional, na que se erixe a Daniel Alfonso Rodríguez Castelao como “un dos persoeiros máis coñecidos e recoñecidos por todos os galegos e galegas” que é capaz de “convocar sempre e unir a todos”. Por iso, ponse en valor que o pobo galego lle teña outorgado “a máxima estima e o teña escollido como un dos seus símbolos”.
No lateral dereito deste blog, premendo na imaxe institucional do Ano Castelao 2025, levaranos a unha páxina na que iremos cargando contidos e recursos para enxalzar as importantes achegas do intelectual galeguista, tanto no eido da política como no da cultura.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




