Abril é o mes dos libros por dúas datas significativas:
- 2 de abril: Día Internacional do libro Infantil, data na que se lembra o nacemento de Hans Christian Andersen.
- 23 de abril: Día Internacional do Libro e os Dereitos de Autor.
Coma en anos anteriores, Bibliotecas escolares agasállanos con este marcapáxinas con texto orixinal de Paula Carballeira. Pódese descargar aquí.
E nós celebrámolo:
- Cos apadriñamentos lectores, nos que rapaces de cursos superiores acompañan na lectura aos máis pequenos.
- Recordando os 150 anos da publicación de Cantares Gallegos:
Outras actividades:
- Na exposición sobre a autora, Rosalía de Castro, e a súa obra. Guía didáctica.
- Cun marcapáxinas deseñado por Xabier (Lingua Galega) que se repartirá no empréstito.
Concurso da biblioteca de ESO no que deberedes identificar os autores que se agochan tralas caricaturas. Teredes pistas para facelo.
Adiviña quen son, (CEIP Andrade)
Actividade LIM sobre Hans Christian Andersen, (CEIP Mestres Goldar)
Webquest empregando LIM sobre Hans Christian Andersen, para 3º ciclo de primaria
(CEIP Frian Teis)
Webquest para 2º e 3º ciclo de Primaria, (Ceip Los Campanales)
Procura do tesouro, Ceip Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras
Procura do tesouro, Ceip Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras
Ningún comentario:
Publicar un comentario