29 de abr. de 2013

GOOGLE ART PROJECT: MUSEO DE ARTE VIRTUAL

Google Art Project é un museo de arte virtual co que explorar algún dos mellores museos do mundo, sen saír do pupitre.
Máis de 30.000 obras de arte de 151 museos, de 40 países diferentes. Entre outros o Raíña Sofía, o Thyssen-Bornemisza, o Museo Nacional de Arte de Cataluña… Os grandes ausentes que decidiron quedar á marxe deste proxecto son o Museo do Prado e o Louvre.
Dende o blog de TotemGuard, ofrécennos 10 actividades educativas para integrar Google Art Project na aulaPensando especialmente no uso desta ferramenta nas aulas, encontraremos actividades orixianis para sacarlle partido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario