7 de xan. de 2025

2025, ANO CASTELAO

A Xunta declara ‘Ano Castelao’ o 2025 con motivo de da celebración do 75 aniversario do seu pasamento.

Así se decidiu no Consello da Xunta, celebrado o 27 de decembro, onde se aprobou a declaración institucional, na que se erixe a Daniel Alfonso Rodríguez Castelao como “un dos persoeiros máis coñecidos e recoñecidos por todos os galegos e galegas” que é capaz de “convocar sempre e unir a todos”. Por iso, ponse en valor que o pobo galego lle teña outorgado “a máxima estima e o teña escollido como un dos seus símbolos”.

No lateral dereito deste blog, premendo na imaxe institucional do Ano Castelao 2025, levaranos a unha páxina na que iremos cargando contidos e recursos para enxalzar as importantes achegas do intelectual galeguista, tanto no eido da política como no da cultura.