07 outubro 2021

DÍA DAS ESCRITORAS

Este 18 de outubro celebramos o Día das Escritoras, promovido pola Biblioteca Nacional de España (BNE), a Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas (CyM). Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. 
O día creouse para lembrar ás escritoras do ámbito hispánico e hispanoamericano e as dificultades que tiveron para desenvolver e ver recoñecido o seu labor.
Con este vídeo, realizado por Quelibroleo, recordamos a algunha delas.
Tamén serve como homenaxe o traballo realizado en cursos pasados por Noelia Díaz e Gonzalo Rodríguez sobre "Las sinsombrero".

03 outubro 2021

PARA OS PAIS

Continuamos coas medidas que o COVID nos impón, aínda que desexando volver á normalidade. Mentres isto non sucede, as nosas normas aquí.

A través destas vías iremos compartindo con vós novidades, imaxes, información... sobre a biblioteca, sobre o centro e sobre os seus fillos.


01 outubro 2021

PREMIO CERVANTES CHICO, 2021

O pasado 7 de xullo reuniuse o Xurado e acordou outorgarllo ao escritor Roberto Santiagoautor, dramaturgo, guionista e director de cinema e televisión, que contribuíu decisivamente a facer atractiva e  motivadora a lectura, sendo un fenómeno editorial que atrae novos lectores continuamente.

Conseguiu que miles de escolares se achegaran á lectura de forma moi positiva, como demostran o éxito alcanzado polas súas coleccións e o contacto estreito que mantén cos escolares en visitas aos centros e macro encontros. Entre as súas sagas infantís máis recoñecidas atópase a exitosa “ Futbolísimos”.

26 setembro 2021

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL, 2021

A escritora e profesora de Lingua Castelá, Beatriz Giménez de Ory, gaña o galardón por ‘Un hilo me liga a vos. Mitos y poemas’, unha actualización de relatos clásicos combinada con poesía.

17 setembro 2021

A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA

Este é o lema deste curso 2021-22 para os materiais que a Consellería de CEOU edita para a Biblioteca escolar.
A imaxe que interpreta este lema é obra do ilustrador, escritor, deseñador e artista visual Pablo Otero.
As producións que ofrece a biblioteca axudan ao alumnado a medrar donos da linguaxe, a ferramenta que lles abre camiños de pensamento, imaxinación, beleza e coñecemento. Mais tamén, as bibliotecas escolares son espazos sociais de encontro que promoven e facilitan o uso da palabra a través do diálogo, a reflexión, o debate, a exposición, os recitais, a lectura en voz alta, os clubs de lectura… Estas propostas son oportunidade para que o alumnado "tome a palabra" e avance no dominio da linguaxe e da lingua que lle é propia.
A Biblioteca Escolar ten a palabra é tamén unha proposta para a recuperación da tradición oral como unha forma de achegar o alumnado ás raíces da cultura na que medra.

15 setembro 2021

CALENDARIO ESCOLAR 21-22

Xa podedes descargar os calendarios escolares deste curso; o anual ou os mensuais, coas festas do noso Concello.

Elixide o que vos conveña.

22 xullo 2021

ACTUALIZACIÓN MOODLE

AVISO PARA PROFESORADO E ALUMNADO
O próximo martes 27 de xullo, comezarán o proceso de actualización da aula virtual. Isto implica que permanecerá fóra de liña durante 8 días, entre o 27 de xullo e o 3 de agosto, e o alumnado non poderá acceder a ela.
Este proceso de actualización non afecta ao contido actual da aula virtual. Mantéñense os usuarios, as categorías de cursos, os cursos, os contidos e actividades, a matriculación, o traballo do alumnado, as cualificacións, etc.

03 xullo 2021

DESPEDIDA DA RADIO

Dicimos ata pronto con esta entrevista que Tere (profe de LC) dirixiu cun grupo de amigas de 2º.