O Día da Biblioteca celébrase cada 24 de outubro desde o ano 1997. Este día naceu por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor dos bibliotecarios/ as.
14 outubro 2020
12 outubro 2020
10 outubro 2020
CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA 2020
A Secretaría Xeral de Cultura presentou o novo calendario 2020 coas datas máis salientables arredor do libro e a lectura.
09 outubro 2020
BEGA-ELBE.2
ELBE.2 é unha plataforma de lectura dixital na biblioteca escolar, que nos permite ler en dispositivos móbiles (instalando a APP Bega-elbe2) ou no ordenador persoal.
Para acceder precisamos unha conta de usuario cunha chave de acceso que nos facilitan dende a biblioteca. Se a esqueces pídea alí de novo.
Para acceder precisamos unha conta de usuario cunha chave de acceso que nos facilitan dende a biblioteca. Se a esqueces pídea alí de novo.
PREMIO NOBEL DE LITERATURA, 2020
A estadounidense Louise Glück é a gañadora do Nobel de Literatura 2020. Este premio vén coroar unha longa e recoñecida traxectoria, que comezou a finais da década dos sesenta coa publicación, en 1968, do seu primeiro libro, " First born", que foi recoñecido co Academy of American Poet' s Prize. Desde entón, publicou doce coleccións de poesía, todas elas caracterizadas pola procura de claridade. A infancia e a vida familiar, a estreita relación entre pais e fillos, e entre irmáns, son os temas centrais da súa obra.
É unha das figuras máis relevantes da poesía contemporánea norteamericana, con títulos tan importantes como " Ararat", "Averno", "El iris salvaje", "Las siete edades", "Praderas", "Una vida de pueblo" o "Vita nova", todos eles publicados en España pola editorial Pre-Textos.
08 outubro 2020
PREMIO NACIONAL ILUSTRACIÓN, 2020
A ilustradora catalá Sonia Pulido foi galardoada hoxe co Premio Nacional de Ilustración pola súa "ampla traxectoria a nivel nacional e internacional e pola súa versatilidade, que abarca case todas as áreas da ilustración: novela gráfica, ilustración editorial e publicidade".
Son frecuentes as súas colaboracións nos principais xornais e revistas nacionais e internacionais como El País, El País Semanal, Harper' s Baazar Spain, Rockdelux, Marie Claire, The New York Times, The Wall Street Journal...
No campo da ilustración editorial, a catalá é autora de máis dunha quincena de libros ilustrados, portadas, campañas de publicidade, e novelas gráficas.
De maneira paralela tamén realizou exposicións en galerías especializadas de todo o mundo.
01 outubro 2020
23 setembro 2020
XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR
Este é o lema deste curso 2020-21 para os materiais que a Consellería de CEOU edita para a Biblioteca escolar. Con el convidamos a explorar todas as posibilidades da lectura: en calquera soporte, en calquera formato, con calquera finalidade; lecturas textuais e icónicas; imaxes fixas e en movemento; lectura de gráficos, planos, mapas ou infografías; lecturas individuais e lecturas compartidas, en silencio ou en voz alta; lectura de ficción e de información; lectura libre e guiada; lectura que nos axude a comprender mellor o noso mundo e lectura que nos axude a entender o mundo dos outros...
A ilustradora encargada este ano de interpretar o lema elixido foi Bea Lema, quen nos ofrece unha imaxe evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír.
08 setembro 2020
CALENDARIO ESCOLAR 2020-2021
10 xullo 2020
PREMIO CERVANTES CHICO, 2020
O pasado 6 de xullo o Xurado do Premio Cervantes Chico 2020 acordou outorgar o premio, na súa XXIV edición, a Care Santos, “motivado pola súa ampla e exitosa traxectoria literaria no mundo infantil e xuvenil.
A súa obra destaca pola orixinalidade das súas temáticas, o tratamento dos personaxes e a coidada arquitectura na estrutura dos seus relatos. Care Santos é ademais un referente no panorama literario xuvenil, ocupándose de fomentar e tamén recuperar lectores. Imparte talleres literarios e destaca o seu impresionante e incansable labor do fomento da lectura a través dun estreito contacto cos mozos a través de talleres e encontros literarios.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)