17 de abr. de 2014

GABO, IN MEMORIAM

O escritor colombiano Gabriel García Márquez morreu en México aos 87 anos. Foi Premio Nobel en 1982 e da súa obra, tan extensa como destacada, podemos salientar como as máis celebradas e coñecidas: La hojarasca, Cien años de soledad, El coronel no tiene quien le escriba, El otoño del patriarca, El amor en los tiempos del cólera, Crónica de una muerte anunciada, Doce cuentos peregrinos...
A obra de Gabriel García Márquez considérase fundamental para entender a literatura en español do século XX e a súa influencia estendeuse a varias xeracións de escritores rompendo as barreiras propias do idioma.
Algunha das frases e citas cheas de maxia que recollen os seus pensamentos:
"O deber revolucionario dun escritor é escribir ben."
"Desconcértame tanto pensar que Deus existe, como que non existe."
"No hai medicina que cure o que cura a felicidade."
"Ofrecer amizade ao que busca amor é dar pan ao que se morre de sede."
"O éxito non llo desexo a ninguén. Sucédelle a un o que os alpinistas, que se matan por chegar ao cumio e cando chegan, que fan? Baixar, ou tratar de baixar discretamente, coa maior dignidade posible."
"O máis importante que aprendín a facer despois dos corenta anos foi a dicir non cando é non."
"O único que me doe de morrer, é que non sexa de amor."
"Non creo en Deus, pero téñolle medo."
Achégate á biblioteca e poderás ler os seus libros:
E tamén podedes ver o documental que, de Cien años de soledad, realizou o Ministerio de Cultura de Colombia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario