18 de mar. de 2015

20 DE MARZO, ECLIPSE SOLAR

O próximo venres 20 de marzo, a partir das 09:08:50, poderemos observar unha eclipse parcial de sol na que a lúa ocupará case o 70% do sol.
Unha eclipse solar prodúcese cando a lúa, o sol e a terra se aliñan e a lúa se interpón entre a terra e o sol.
Así vai ser o seu desenvolvemento segundo esta animación da Armada…
Segundo o Instituto Xeográfico Nacional, este evento inusual apreciarase mellor en Galicia, onde o sol se ocultará en máis do 50%.
Esta será a evolución e os horarios en Pontevedra e na Cañiza.
PRECAUCIÓNS PARA OBSERVAR A ECLIPSE
  • O risco de observar o Sol directamente ou con lentes de sol normais durante un fenómeno destas condicións é moi alto, e pode causar lesións graves e mesmo provocar cegueira.
  • As eclipses só deben observarse directamente con lentes especiais, que estean homologadas pola Comunidade Europea e cun índice de opacidade de 5 ou máis, ou un cristal protector como os que se utilizan para soldaduras. 
  • Nunca deben usarse espellos, anacos de vidro afumado, radiografías, cámaras ou vídeos, instrumentos ou telescopios que non estean preparados para iso.
  • Un método seguro para observar o Sol é proxectalo sobre unha pantalla: utilizando dúas cartolinas separadas uns 50 centímetros, perfórase unha delas e oriéntanse ambas as dúas perpendicularmente ao Sol. Así se pode observar a imaxe de eclipse proxectada da primeira á segunda cartolina.

De xeito máis gáfico:

Máis información na guía de El País.

1 comentario:

  1. Nominado! Un saúdo. Rosa Pérez
    http://francesasneves.blogspot.com.es/2015/03/premio-black-wolf-blogger-award.html

    ResponderEliminar