En abril, para celebrar o día do libro, tivemos dous contacontos, un para os máis pequenos e outro para os maiores.
Dos máis pequenos encargouse Iago López, que nos contou o conto que acaba de publicar coa editorial Xerais, "O cociñeiro Martiño".
Moitas grazas a Iago por vir a deleitarnos co seu conto que como sempre foi todo un éxito entre os nenos e nenas da Cañiza.
En canto aos maiores, puideron disfrutar coa orixinalidade de Sabela Gago na posta en escea dos seus contos na que os propios nenos e nenas son os que deciden a temática, os personaxes, etc.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjmng6jJzStdbvUJmvieaQdBcCIDNcPAzzp2G2HJZxN1fGoapnrri67l24CKNOaTvkGgLpt_dHioGMsMNyteQqIiTO5CcBlXFWIPTC8fH4QL1gRmV5zBvyyrQ1XoGmv8MJR6mncSBzQFZqx/s320/IMG-20170606-WA0008.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjd_Zuqlm_2AzZv9TlBZKE4Jsc0wv-gP1qPKaW2lczHYHSdHoz5gtBYqo-lcpKs-SrJPHusZsFpmR2MYaXDX_jWwYV43Q2k0x6heJ3hh1AVnWmN1jhNAvJRp-YyBNpzL-MUQoftZ9JuNH49/s320/IMG-20170606-WA0009.jpg)
Agradecemos tamén a Sabela a súa visita e o rato divertido que nos fixo pasar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario