Temos unha novidade que queremos compartir con vós! O cole tamén está en Instagram! Un novo espazo para estar máis preto de toda a comunidade educativa, compartir o que facemos e mantervos ao día das novidades.
Anímate a seguirnos!30 setembro 2026
28 setembro 2026
PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL, 2026
Antonio Rubio e Carmen Queralt, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2026 pola obra Divertimentos: juegos poéticos, publicada por Kalandraka.
Un libro que transforma a poesía nun xogo de palabras, rimas, trabalinguas, haikus e poemas visuais, enriquecido coas ilustracións cheas de dinamismo e imaxinación de Carmen Queralt.23 setembro 2026
PREMIO NACIONAL CÓMIC, 2026
O Premio Nacional do Cómic 2026 foi concedido á autora Irene Márquez pola súa obra La muerte de Irene Márquez, publicada por Autsaider Cómics. O galardón, outorgado polo Ministerio de Cultura e dotado con 30.000 euros, recoñece unha proposta creativa que destaca pola súa audacia, a súa personalidade artística e o seu particular sentido do humor.
O xurado destacou a orixinalidade estética da obra, o dominio do humor e a capacidade da autora para abordar unha realidade complexa desde unha perspectiva irreverente e inesperada. A través do humor negro, Irene Márquez transita entre o incómodo, o brutal e o cómico, convidando ás persoas lectoras a cuestionar os límites do humor contemporáneo.18 setembro 2026
PREMIO NACIONAL DE POESÍA, 2026
A través dos seus versos, o autor reflexiona sobre a memoria, a historia e os vínculos familiares, combinando a denuncia e a emoción.
PREMIO NACIONAL DE ILUSTRACIÓN, 2026
O ilustrador Jesús Cisneros Laguna, nado en Zaragoza en 1969, recibe o Premio Nacional de Ilustración 2026 polo seu traballo expresivo e sensible, capaz de crear universos máxicos a través das imaxes.
Con máis de trinta libros publicados, a súa obra convida a mirar, imaxinar e descubrir novas formas de contar historias.
17 setembro 2026
CLUB DE LECTURA
16 setembro 2026
ABALARMÓBIL PARA AS FAMILIAS
- Acceder aos datos persoais.
- Consultar as cualificacións.
- Consultar e xustificar as faltas de asistencia.
- Consultar as faltas de conduta.
- Solicitar ou cancelar unha cita de titoría.
- Consultar avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
15 setembro 2026
PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS DAS LETRAS, 2026
14 setembro 2026
BIBLIOTECA ESCOLAR, DA INFORMACIÓN AO COÑECEMENTO
O lema para as bibliotecas escolares durante o curso 2026/27 convídanos a facernos preguntas e a buscar respostas, a ser persoas curiosas que busquen e que indagen, que seleccionen e traballen coa información para crear e compartir coñecemento.
Nestes tempos nos que a desinformación condiciona o noso rumbo, a biblioteca escolar ten a obriga de visibilizar o seu papel na formación de persoas críticas e de ofrecer á súa comunidade programas estables e sistematizados de alfabetización informacional.
A imaxe é obra de Rena Ortega
10 setembro 2026
PREMIO CERVANTES CHICO, 2026
O recoñecemento iberoamericano foi para a escritora e ilustradora arxentina Isol Misenta.












